Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Carta Financieira

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 1. Funcións da Carta Financeira

1.1. A Carta Financeira de Ferrol en Común ten como obxecto regular a xestión e administración dos recursos humanos, económicos e financeiros da organización.

1.2. Ten unha intención inequívoca de garantir a máxima transparencia como produto da nosa vontade política e como consecuencia das demandas da sociedade ás organizacións políticas respecto á mellora dos recursos humanos e materiais que significará maior eficacia.

TÍTULO I. PROCEDENCIA RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS

Artigo 2. Recursos económicos e financeiros

Os recursos económicos e financeiros de Ferrol en Común procederán:

• As achegas dos/as concelleiros/as.

• Persoal eventual asociado a FeC.

• Achegas e colaboracións de simpatizantes.

TÍTULO II DA CARTA FINANCEIRA

Artigo 3. Achegas dos/as concelleiros/as

3.1. Establécese nesta Carta Financeira unha aportación de mínimos de cada un/ha dos concelleiros/as que forman parte do Grupo Municipal Ferrol en Común.

3.2. As obrigas desta carta financeira serán asumidas coa condición de

3.3 A aportación mínima será de 90 € /mes os/as concelleiros/as con dedicación de responsabilidade de goberno e 50€ sen dedicación.

Artigo 4. Achegas do persoal eventual asociado a FeC

4.1. Establécese nesta Carta Financeira unha aportación de mínimos do persoal eventual que forman parte do Grupo Municipal Ferrol en Común.

4.2. As obrigas desta carta financeira serán asumidas ata que remate a súa vinculación coma persoal eventual da antedita formación.

4.3. A antedita achega irá destinada ao pago do local da formación FeC.

4.4. A aportación mínima será a seguinte: Persoal eventual: 90 €/mes

Secretaría administrativa FeC: 50 €/mes

Artigo 5. Achegas e colaboracións dos simpatizantes

5.1. As achegas e colaboracións dos simpatizantes poderán ter carácter trimestral ou extraordinario de pago único e terán, en todo caso, carácter voluntario.

5.2. A contía así como o procedemento de pago das anteditas achegas seguirá

o modelo do Documento I do Anexo desta Carta Financeira.

Artigo 6. Deducións das achegas e colaboracións

6.1. Poderase aplicar unha dedución do 20% das achegas e colaboracións a partidos políticos.

6.2. A base máxima desta dedución será de 600 € anuais de acordo coa Lei

Orgánica 8/2007 do 4 de xullo sobre financiamento dos partidos políticos.

Artigo 7. Incumprimentos da carta financeira

7.1. Considerarase incumprimento da Carta Financeira non estar ao corrente

7.2. No momento de acontecer o dito incumprimento decidirán os órganos correspondentes        cal     será   o                          procedemento                       a   seguir,   así   como   as consecuencias

deste incumprimento.

Artigo 8. Transparencia e publicidade

8.1. Co fin de garantir a transparencia e a integridade na xestión dos recursos económicos de FeC, publicarase na nosa páxina web os datos económicos para

facilitar a súa consulta e utilización.

8.2. Informarase como mínimo:

a) Gastos

b) Ingresos c) Débedas

d) Balances previos (se fóra preciso)

CARTA FINANCIEIRA – PDFDescargar
ANEXO 1 – Carta Financieira – PDFDescargar
CARTA FINANCIEIRA – DOCDescargar
ANEXO 1 – Carta Financieira – DOCDescargar

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress