en cada rostro, igualdade…
introdución
Ata o ano 2015, a cidade de Ferrol estaba sumida nunha constante de gobernos que actuaban como meros xestores de recursos públicos, coma se dunha empresa privada se tratase: obras faraónicas, malgasto, falta de participación, caracterizaron esta democracia falseada. A nosa cidade, con taxas máximas de desemprego en Galicia, envellecemento, emigración, pobreza e exclusión social, foi rexida ata 2015 ás costas da xente do común,
á que non se lle ofrecían solucións reais a problemas concretos. O goberno de FeC mudou este réxime para que os recursos públicos das arcas municipais sexan tratados como un recurso para mellorar a calidade de vida da cidadanía.
Este código ético, pretende ser algo máis que unha declaración de boas prácticas, é un mandato ás persoas candidatas que se presenten nas listas de Ferrol en Común, mandato de obrigado cumprimento e que será asinado, e asumido como propio polas persoas que asinen e participen de Ferrol en Común, como un paso máis para avanzar a unha democracia participativa, sen privilexios e sen máis ambición que a de gobernar obedecendo. Non basta con obedecer o mandato da cidadanía, senón que cómpre artellar os mecanismos para a rendición de contas da xestión municipal e, de ser o caso, de fórmulas de revogación de mandatos.
Tamén
deben articularse todos os mecanismos que garantan corrupción cero e a fin dos
privilexios da clase política que entende a profesionalización da mesma como un factor
social asumido.
As eleccións municipais de 2019 encádranse dentro dun ciclo de transformación social e, dende Ferrol en Común, consideramos que a política máis próxima, a municipal, é a base dende onde podemos tomar o control democrático dos gobernos para a xente, para a igualdade, a liberdade, a fraternidade e o benestar da cidadanía.
O presente código ético está desenvolvido nun regulamento e nunha carta financeira, que artella os principios básicos do mesmo.
Compromisos
As persoas que representarán a Ferrol en Común tomarán como documento base para a súa acción política a participación cidadá e fórmulas de codecisión. Comprométense a render contas periodicamente —de maneira presencial e virtual— e a obedecer a vontade popular expresada nos espazos de participación democrática que se articulen. Para promoveren as súas propostas, empregarán o diálogo, a argumentación, a escoita activa e o debate de ideas, tanto en campaña electoral como no exercicio das súas responsabilidades públicas. Comprométense a garantir a participación da cidadanía nas decisións relevantes ou que teñan un impacto significativo a nivel social, ambiental e urbanístico. Deste xeito, impulsarán as iniciativas cidadás que se propoñan a través dos mecanismos contemplados na legalidade vixente, ou aqueles outros que se implementen no futuro. Comprométense a desenvolver as súas políticas desde a transversalidade de xénero, garantindo a responsabilidade de todos os poderes públicos no avance da igualdade entre mulleres e homes, garantindo a participación das mulleres na vida social e política.
As persoas que representan a Ferrol en
Común comprométense á utilización dunha linguaxe inclusiva, en todas as
intervencións públicas nas
que participen.
Corrupción cero
As persoas electas de Ferrol en Común, así como o persoal de confianza e con cargos orgánicos, poderán ser revogadas polos órganos correspondentes de Ferrol en Común, no caso de violación deste Código Ético, seguindo os mecanismos que a tal fin se habiliten no regulamento. Ademais, comprométense a renunciar de forma inmediata ante a imputación xudicial por todos estes delitos que se relatan a continuación: racismo, xenofobia, violencia de xénero, abuso, agresión, acoso, homofobia, pederastia, delitos ecolóxicos, ou contra os dereitos humanos e das persoas traballadoras.
Tamén no caso de investigación xudicial por corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas. Entenderase por investigación xudicial a existencia dunha resolución motivada onde unha xuíza ou xuíz estime a existencia de indicios racionais de delito. Non será causa de dimisión ou cesamento a investigación resultado dunha actuación política expresa e previamente autorizada ou ratificada por Ferrol en Común, así como as investigacións en actos de insubmisión política contra recortes sociais.
Non máis privilexios nin portas xiratorias
Ferrol en Común publicitará a situación profesional
das persoas
con cargo, así como as súas declaracións da renda e o patrimonio,
durante os tres anos posteriores ao abandono
das
súas responsabilidades. Ferrol en Común seguirá o principio dunha persoa,
un
cargo, sen ningún tipo de excepción agás
as que marque a lei
especial interese nas mulleres que se atopen en situación de embarazo e/ou lactancia, das persoas con cargos electos, persoal de confianza e con cargos directivos, axudando no posíbel á súa reinserción na vida laboral unha vez abandonadas as súas responsabilidades.
As persoas con cargos electos, así como o persoal de confianza e os cargos directivos, sempre que teñan réxime de dedicación, renunciarán a calquera tipo de privilexio derivado das súas responsabilidades, incluídas as primas por asistencia a outros órganos e o emprego inxustificado de vehículos oficiais, equiparándose en materia de dereitos e obrigas a calquera traballadora. Poderán recibir compensacións económicas, en todo caso, polos gastos en transporte – preferentemente público -, alimentación e aloxamento ocasionados pola súa actividade. As persoas electas de Ferrol en Común non disporán, en ningún caso, de contas bancarias ou intereses económicos en paraísos fiscais e renunciarán a calquera regalo, privilexio ou trato de favor que reciban en función do seu cargo. Ademais de rexeitalos e devolvelos, no seu caso, a non aceptación destes regalos ou tratos de favor farase pública de maneira inmediata e explícita.
Transparencia e aforro
As persoas con cargos electos de Ferrol en Común, así como o
persoal de confianza
remunerado con fondos públicos e os cargos directos de designación política, farán
públicas cada
ano, comezando pola súa toma de posesión, as súas declaracións de bens,
renda e, no seu caso,
de patrimonio. Este
compromiso, estenderase durante tres anos despois do abandono, calquera que fose a causa, das súas responsabilidades. Consonte
a esa transparencia, Ferrol en Común fará públicos os criterios que avalen a contratación
de
cargos ou postos de libre designación.
seu novo cargo. A cidadanía poderá coñecer periodicamente todos os ingresos e gastos do Grupo Municipal, estea na oposición ou teña responsabilidades de goberno. Alén diso, todos estes datos deben ser publicados anualmente. O balance de gastos e ingresos do Grupo Municipal publicarase con carácter trimestral. As axendas dos e das edís, así como as ordes do día e os informes que dean conta do seu desenvolvemento, serán públicas e accesíbeis, aínda que por razóns de seguridade non sempre en tempo real.
As retribucións das persoas con cargos electos e persoal eventual serán desenvolvidos pola carta financeira, tomando como referencia a renda per cápita media da cidade e garantindo un equilibrio entre salarios máximo e mínimo.
Ferrol en Común e as persoas que o representan reducirán de maneira significativa o gasto electoral, limitarán as doazóns privadas e procurarán xestionar os seus recursos a través de entidades de economía social e solidaria ou cun alto grao de responsabilidade social. Favorecerán, ademais, o micromecenado e cooperativismo social para fins concretos, claros e transparentes. As representantes de Ferrol en Común comprométense a combater o dispendio de recursos e fondos públicos no exercicio das súas funcións. Os ingresos institucionais deberán servir tamén para favorecer a auto-organización e o empoderamento cidadán e as loitas sociais, así como o fornecemento do tecido veciñal, sempre que non se xere dependencia ou clientelismo.
Renovación
As persoas con cargos electos de Ferrol en Común, así como o persoal de confianza e con cargos orgánicos, exercerán as súas responsabilidades durante un máximo de oito anos, o equivalente a dous mandatos completos, sexan alternos ou consecutivos. Despois deste período deberán regresar á súa actividade profesional un mínimo de cinco anos. Ferrol en Común e as persoas saíntes, sen remuneración engadida de ningún tipo, favorecerán a formación e facilitarán a transmisión de coñecementos para garantiren a oposición.