Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Manifesto

Ferrol afúndese nun estado de agonía social e desprotección institucional. A cidade galega coa taxa de desemprego máis alta do país, onde só un de cada tres poden traballar, coa metade da súa poboación por enriba dos cincuenta anos e coa mocidade condenada ao exilio en busca das oportunidades laborais que aquí se lles negan, merece outros gobernos. Gobernos da xente construídos e lexitimados coa forza social dos partidos, do tecido social, da veciñanza e da cidadanía indignada.

A política normalizada, ancorada nas vellas formas de electoralismo e malgasto en forma de obras faraónicas, dá as costas a unha situación de emerxencia que o bipartidismo nega coas cifras macroeconómicas, mentres o pan, o traballo e o teito quedan afastados dos intereses dos poderes políticos e económicos que usurparon o que lexitimamente corresponde ao pobo: a soberanía, a democracia plena, o dereito a unha vida digna e exclúennos dun sistema para elites que condena ao sufrimento á maioría social.  

A dignidade, o empoderamento das nosas rúas, barrios e parroquias, a participación decisoria nas políticas de competencia municipal son os factores que debemos impulsar para un novo Ferrol, un Ferrol en Común construído entre todos e todas dende a esquerda transformadora.   Queremos un Ferrol en Común de construción colectiva, en creación constante en cada rúa e centro de traballo, unha acumulación de forzas para un novo goberno coa xente e non para a xente, que pule por servizos públicos de calidade, pola remunicipalización, a renda básica municipal e o emprego garantido.

Propoñemos un Ferrol en Común de portas abertas á cidadanía, para artellar entre todos e todas un programa político de esquerdas, asembleario e rupturista, de onde saia unha candidatura plural por primarias abertas de cara a recuperar Ferrol para a súa veciñanza.   Democracia participativa, fomento do asociacionismo e cooperativismo, creación de emprego, protección do comercio local, unha cidade compacta con trato igualitario para todos os barrios e cidadáns, tolerancia cero coa corrupción e gobernar obedecendo son os obxectivos desta iniciativa para a construción dunha candidatura de unidade popular#EuSonFerrolEnComún.

PDFDescargar
DOCDescargar

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC presenta dúas mocións centradas na zona rural e unha terceira relativa á mocidade febrero 24, 2021
  • FeC celebra a pronta recuperación dos fondos do Ateneo febrero 20, 2021
  • FeC agradece os apoios para que a súa proposta para o 8M saíra adiante febrero 18, 2021
  • FeC apoia ao persoal de ADIF nas súas demandas de mantemento do emprego e a aposta por un servizo de xestión pública febrero 9, 2021
  • Ferrol en Común pregunta en Comisión sobre a legalidade de suministrar polo goberno EPI´s aos traballadores/as de Navantia febrero 9, 2021
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información