Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Un Ferrol para ser

Descarga o programa completo aquí

O desenvolvemento persoal a través da cultura, do deporte, da educación en todas as súas formas, da lingua, é a mellor forma de percorrer o camiño do individual o colectivo, do coñecemento ao respecto, do estar ao ser. Ferrol en Común aposta e apostou por potenciar dende  a infancia  o desenvolvemento  como  persoas  a través  do lecer  e enriquecemento persoal na cultura e historia social para o progreso como sociedade.

Deportes

A riqueza deportiva de base é de elite na nosa cidade eclosionou nos últimos catro anos en forma de éxitos en múltiples disciplinas a nivel nacional, de forma individual, pero sobre todo colectiva.

Estes  éxitos  non  se  corresponden,  por  desgraza,  co  estado  decadente  de  todas  as instalacións deportivas da cidade, construídas nas dúas últimas décadas do século vinte e condenadas ao abandono por falta investimento. Neste mandato fixéronse labores de actualización   de  instalacións   importantes,   como  o  cambio  de  iluminación,   cuberta  e pavimento do pavillón da Malata, o cambio da caldeira na piscina de Caranza, ou a mellora da praia da piscina da Malata. Aínda con todo é insuficiente, e precísase unha planificación a longo prazo, xa exposta no apartado de obras de investimentos  e financiamento  para a mellora do xa existente, aspirar a novas infraestruturas neste eido sería sobordar as necesidades pola poboación de Ferrol, o cal sería un derroche.

Por outra banda a proliferación  de clubes que reciben unha subvención  nominativa  é, no campo administrativo, unha actividade contra natura, que se vén mantendo dende o inicio da democracia. Ferrol en Común está disposto a dar un paso valente, e mudar nominativo por concorrencia,   para  fomentar  o  deporte  de  base,  evitar  discrepancias   entre  clubes  e equiparar, con métodos obxectivos e baremables a correcta administración dos recursos públicos.

Por  último,  o  concello  de  Ferrol  non  pode  ser  mero  testemuño  das  actividades  que desenvolven os clubes. Ademais de impulsar, como vén facendo a Adolfo Ros, a carreira noctura, travesías a nado, e múltiples actividades, debemos volver ao deporte na rúa, en espazos naturais que debemos poñer en valor, e prestar especial atención a colectivos en risco de exclusión.

§ Impulsar  o  deporte  base  en  todas  as  disciplinas  deportivas,  procurando  o necesario equilibrio entre referentes das elites co necesario apoio á infancia no exercicio da actividade física a través dos clubes da cidade.

§ Revisión do  modelo de  subvencións nominativas,  establecendo  un plan  de catro   anos   para   mudalo   a  subvencións   por  concorrencia,   máis   xustas   e equilibradas.

§ Integrar  os   espazos   deportivos  no   plan   de  obras   para  a  súa  mellora, adecuación e mantemento.

§ Seguir  apostado  pola  plena   igualdade  entre  mulleres  e  homes,  tanto  no exercicio da actividade coma nos posibles premios por resultados

§ Creación dunha mesa sectorial de deportes, que emule o antigo Padroado, que sirva de diagnose e solucións propositivas para o desenvolvemento  do deporte en Ferrol.

§ Punta  Arnela como  referente deportivo: neste mandato activáronse as naves

1, 2 e 3 como centros de adestramento, pulamos por reforzalos e acondicionalos cunha mellora substancial que estabilice ese proxecto.

§ Promoción   do  deporte  como   actividade  saudable,  creación   de  roteiros, parques   biosaudables   e  ximnasios   a  ceo   aberto   con   paneis   informativos coordinados co servizo de cardioloxía do CHUF que indiquen as vantaxes da actividade deportiva e consellos para a súa práctica.

§ Cooperar con entidades sociosanitarias para a inclusión no deporte de todos os colectivos con diversidade funcional.

§ Potenciar as rutas de sendeirismo existentes e todas as actividades deportivas en espazos  naturais, cun mantemento adecuado a través da cuadrilla de obras da     zona    rural,    e   creación    de   novas    infraestruturas    sinxelas    para    o desenvolvemento de deportes urbanos.

§ Establecer xornadas de deporte na rúa, que achegue a toda a sociedade, con independencia da idade ou condición, os beneficios para a saúde da práctica deportiva.

§ Potenciar   A   Cabana    como    centro   de   deportes   náuticos,   cun   forte investimento  que  lle  dea  perdurabilidade.  Conveniar  coa  Autoridade  Portuaria máis  puntos  de  atraque,  para  combater  a  realidade  de  Ferrol,  punto  negro europeo en servizos náuticos.

§ Asesoramento xurídico-técnico permanente para as entidades, dende a súa creación  ata a presentación  das xustificacións  en materia  de subvencións,  así como regularización da cesión de espazos municipais xestionados por entidades a través dos correspondentes convenios públicos e por concorrencia.

§ Facilitar o acceso e organización de torneos na cidade en colaboración entidades deportivas/Concello   que  fagan  de  A  Malata  un  lugar  de  encontro  para  a xuventude ferrolá.

Cultura e Lingua Galega

Hai un antes e un despois no mundo cultural ferrolán dende o ano 2015. A época actual, grazas  ao  traballo  exemplarizante  desta  concellaría,  supuxo  unha  auténtica  revolución cultural en todos os eidos, ademais da calidade e cantidade púxose fincapé en desenvolver actividades formativas paralelas que garantisen o acceso á cultura de todas as persoas sen exclusión. Exemplo claro, sen ánimo exhaustivo é o acceso da zona rural á banda municipal a  través  de  buses  fletados  polo  concello,  a  extensión  de  eventos  a  todos  os  barrios, preservando  a cultura local e dando a coñecer artistas internacionais  de prestixio. O foco cultural galego está en Ferrol.

Así mesmo, a cesión de espazos a entidades culturais son un obxectivo cumprido (Ateneo, Antigo Hospicio, Centro Cívico de Canido).

Como tamén o impulso do uso da lingua galega en todas as relacións coa administración, ao aplicar  estritamente  a  ordenanza  de  normalización  lingüística  e  a  dinamizar  actividades culturais que dean pulo ao uso da lingua en todos os eidos sociais da cidade, foron punto de apoio transversalizador en todas as áreas, pese ás reticencias dos partidos da dereita, que non cren nin na lingua nin na cultura como método de crecemento social e xermolo da masa crítica necesaria para unha democracia.

Polo  tanto,  o  programa  cultural  de  Ferrol  en  Común  aposta  por  manter   e  potenciar o traballo desenvolto da concellaría, darlle continuidade á súa labor, xa que logo os inputs recibidos no 99% do tecido cultural da cidade son de satisfacción  plena, quedando como retos  pendentes  a  regularización  da  Banda  ferrolá  de  música  e  culminar  o  proceso  de selección dun técnico de cultura, bases xa publicadas, para a profesionalización da prolífica actividade  cultural  que fin de semana  tras fin de semana  enche  os espazos  culturais,  a prezos  reducidos,  as  festas,  o  entroido,  o  nadal,  as  pepitas,  os  maios  e  todos  aqueles eventos que preservan a nosa tradición que son apoiados polo Concello de Ferrol

§ Potenciar as actividades culturais e festas populares co consenso cidadá.

§ Manter a xestión que permita o maior horario de apertura posible de centros culturais e bibliotecas públicas.

§ Promoción de grupos, entidades e compañías locais.

§ Labores formativas a través  de talleres e obradoiros públicos en artesanía, alfarería, cerámica, maxia e outros.

§ Fomento da lectura, a través do apoio á festa do libro e da palabra e outras moitas actividades neste eido.

§ Apoio  a  festas   populares  e  tradicionais  da   zona   rural  co  incremento orzamentario oportuno.

§ Coordinar  con  comercio  e  hostalería  a  diversificación  e  descentralización participada das actividades culturais e festivas.

§ A cultura e o lecer como  promotores municipais dunha  sociedade inclusiva: garantía da accesibilidade universal como parte integrante da cultura para a eliminación de todos os obstáculos posibles en museos, centros culturais ou de arte, etc. que fagan posible a práctica e o lecer inclusivo, contando cos recursos humanos e técnicos necesarios e formación aos profesionais que interveñen no deseño, xestión, realización, información e soporte das actividades culturais, recreativas,  deportivas  e  de  lecer  no  coñecemento  das  persoas  con discapacidade e sobre as características e sistemas de accesibilidade.

§ Promoción, normalización  e colaboración  coas entidades como a Coordinadora de Equipas  de normalización  lingüística  para  o uso  do  galego como  lingua vehicular nunha cidade desprotexida e con necesidade dunha discriminación positiva.

§ Continuación    de    iniciativas    para     a    normalización    como    Galicamp, campamentos infantís, Programa Apego para socializar o galego dende idades temperás,  Roteiros  de  recuperación  da  memoria  como  Ferrol  Rebelde  ou  o Roteiro das Irmandades da Fala.

§ Avanzar, como no barrio da Cabana, na adaptación ao galego  da toponimia da cidade.

§ Accións  formativas  para  o uso  normal do  galego por  parte  do  persoal do Concello.

Educación e Universidade

Ferrol en Común defende que o concello de Ferrol debe ser o referente e garante  dunha Educación pública, de calidade, compensatoria, laica e universal, desenvolvendo programas educativos compensatorios, en permanente relación cos centros de ensino, nomeadamente daqueles con alumnado en situación social desfavorecida, con atención preferente  aos  barrios  obreiros  e  populares,  é  dicir,  fornecer  a  Ferrol  como  concello educador ao longo da vida, para toda a cidadanía.

§ Procurar   un   ensino   universal   social   e   compensatorio   creando   unha infraestrutura que coordine as accións necesarias das Concellerías de educación, servizos sociais, emprego e igualdade, en relación coas entidades educadoras da cidade.

§ Elaborar un  plan de  choque para  conseguir o  éxito escolar, poñendo  en marcha medidas compensatorias para asegurar que rematen, polo menos, a educación secundaria obrigatoria.

§ Inventariar e  orzamentar  as  instalacións  que  dependan  do  concello  (patios, pavillóns, hortos e árbores).

§ Presenza da policía municipal en entradas e saídas dos centros educativos.

§ Concienciación, creación e conservación dos camiños escolares.

§ Recuperación da festa da árbore  con lembranza ao     mestre J.García Niebla.

§ Inserir a universidade no tecido educativo e cultural da cidade de xeito que sexa un referente para a cidadanía, máis alá das clases e títulos.

§ Desenvolvemento             de  campañas  que  potencien  a  inclusión  como  un factor determinante no desenvolvemento da persoa.

§ Facilitar programas e servizos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas   familias   con   menores   ou   persoas   con   discapacidade,   especialmente naquelas unidades familiares unipersoais ou para favorecer a inserción social e laboral.

§ Potenciar   o  Consello  Escolar  Municipal,  os   Consellos  Escolares  e  as ANPAS.

§ Elaborar  unha  guía   dixital  permanente da  oferta   de  formación  escolar, extraescolar, ocupacional e de lecer de todas as entidades de Ferrol.

§ Optimizar o  uso  dos  recursos dos  centros educativos (pista  polideportiva, biblioteca, sala de informática, etc.) en horario de tarde e de fins de semana.

§ Reivindicar         que a oferta  de comedores escolares sexan  unha oferta  da Consellería         de  Educación,  convertendo   os  comedores   escolares  nun espazo educativo e formativo.

§ Mellorar  o  desprazamento  das  nenas   e  nenos   do  rural aos  seus  centros escolares.

§ Protocolorizar a relación entre os centros educativos  e os Servizos Sociais municipais.

§ Implantar as escolas de nais e pais como medida compensadora.

§ En  educación  infantil,  0-3  anos,   dotar   de  prazas   públicas  suficientes  ás necesidades da poboación; de 3-6 anos, revisión, mantemento e substitución da dotación de xogos exteriores dos patios dos colexios.

§ En educación primaria, promover unha oferta    actividades        extraescolares segundo as necesidades do colectivo destinatario.

§ En educación secundaria e bacharelato, programar xornadas informativas cara a  continuidade  de  estudos  na  FP,  no  bacharelato  ou  na  formación  cara  ao emprego.

§ Na   formación   profesional,   crear   unha   oferta    de   formación   profesional permanente para o alumnado que non teña   estudos      e/ou       experiencia laboral.

§ Establecer un convenio de colaboración único entre as empresas públicas e privadas, asociacións de empresas, outras entidades empregadoras, centros educativos e concello para promover unha  formación na empresa  (prácticas) de calidade e o compromiso de contratación, potenciando a presenza do tecido empresarial nos centros educativos.

§ Na universidade, agrupar           a  oferta   universitaria  da   universidade  da Coruña,  campus Ferrol,            en   tres   grandes   centros   coa   finalidade   de optimizar recursos:

•       Centro de enxeñarías, que recollería tanto os graos como os mestrados de enxeñaría industrial, naval, eléctrico, deseño.

•       Centro  das  humanidades  e  ciencias  xurídicas,  englobaría  os  graos  e mestrados de ciencias do traballo e os de humanidades.

•       Centro das ciencias da saúde, con enfermaría,  podoloxía e cun espazo para a clínica podolóxica.

•       Creación dun grao en prevención de riscos laborais (na actualidade é un mestrado).

§ Facilitar os estudos de educación de  persoas adultas para a poboación  sen estudos e/ou de mellora de emprego, establecendo un  punto de información municipal no centro de educación permanente de adultos de Caranza.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress