Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Un Ferrol que mola

Descarga o programa completo aquí

Patrimonio Histórico

Chegar ao Castelo de San Felipe e contemplar a bocana da Ría. Pararse na casa Romero de  Ucha  e  fixarse  en  cada  detalle  das  volutas.  Escoitar  a  César  Pita  falar  de  Pedro Guimarey.  Coñecer  a  folga  do  aceite  dos  anos  corenta.  Imaxinar  a  vida  dun  ferreiro traballando  para  a  Armada.  Estremecerse   sabendo  que  no  muro  do  cemiterio  foron asasinadas persoas por ser demócratas. Ferrol, o berce da loita obreira e de Pablo Iglesias, de  Castelar  e  Concepción  Arenal,  de  tantos  persoeiros  ilustres  que  enchen  páxinas  e páxinas dos libros de historia, ten un patrimonio de valor incalculable.

Ferrol é patrimono palpable, modernista, visualmente poderoso. Pero hai un patrimonio inmaterial que, se ben non podemos tocar, si sentir e emocionarnos recordando a quen debemos tanto para ser unha cidade lóxica nun entorno máxico.

A protección deste patrimonio, a súa posta en valor, a ansia por dalo a coñecer ao mundo, deben ser os eixos nos que articulemos unhas políticas patrimoniais, históricas e turísticas, que non afeen o noso pasado,  e poidamos  mostrarnos  fachendosos  de dicir que somos porque outros foron antes, xente de Ferrol que fixo de nós un pobo orgulloso de si mesmo.

Tal vez, se logramos vencer eses muros da vergoña, ese sentimento colectivo que ás veces pesa como unha lousa granítica no tecido social, onde nada serve e nada vale, se se vincula a Ferrol o orgullo de pertenza, tal vez, cando deamos ese paso e tiremos tantos muros que cómpre  derrubar,  o  entusiasmo  coopere  a  ver  con  outros  ollos  aquela  pedra,  aquela pequena iniciativa social, aquela empresa que se crea, aquel proxecto que nace, e así, nun círculo de estímulos, logremos saír das nubes negras que nós mesmos construímos no noso ceo, para deixar entrar, ao fin unha luz que nos leve a un verán invencible.

§ Protección e defensa  do patrimonio histórico do concello, como o Castro de Esmelle ou o conxunto de mámoas de Brión.

§ Articular unha  defensa  regulada de espazos  singulares, tal e como fixemos coa catalogación dos Montes do Cha como montes comunais para a súa defensa polos veciños e veciñas con conciencia medioambiental.

§ Inventariar e catalogar os  bens  patrimoniais do  termo  municipal, e darlles unha protección adecuada ao seu valor.

§ Reforzar  o servizo de arqueoloxía do Concello de Ferrol, co fin de colaborar na detección e adecuada preservación dos depósitos arqueolóxicos.

§ Rehabilitación integral do  Castelo de San  Felipe, cos fondos acadados  coa cooperación coa deputación e o 1,5% do IVE cultural, rehabilitación acompasada

cun plan de usos que faga do castelo bandeira de cidade, a través de obradoiros de cantería, centro de interpretación histórica, roteiros da súa historia.

§ Poñer  en  valor as  diferentes rutas   urbanas,  municipalizándoas,  a  ruta  da construción naval, do modernismo e outras, como fonte de conservación do patrimonio  inmaterial,  asemade,  rutas rurais pola costa, entre baterías e faros, sendo respectuosos coa flora e fauna autóctona.

§ Mesa da memoria. A tradición oral acaba diluíndo a historia e cada xeración que pasa perde parte do pasado. Documentalo é case unha obriga dunha sociedade moderna.  Propoñemos  a creación  desta  mesa  interxeneracional  para  o coñecemento  do  modo  de  vida  dos  nosos  maiores,  como  transmisión  dun patrimonio fundamental, o modus vivendi.

Turismo

A costa Ártabra é un punto de referencia do turismo familiar e desestacionalizado, o que os expertos  no  sector  veñen  en  denominar  turismo  slow.  O  crecemento  constante  dos peregrinos que toman o Camiño Inglés, a sede de Ferrol como parte do campionato Siroko de surf, o incremento exponencial de turistas que pasan polas nosas oficinas… fan de Ferrol e comarca un lugar potencial de crecemento turístico.

Ferrol en Común aposta por un turismo sostible, complemento necesario ao noso principal motor socioeconómico, o sector industrial, nomeadamente o sector naval público, e por iso impulsará todas aquelas iniciativas que permitan un crecemento constante e ordenado do turismo, sen consentir  agresións  ou especulacións  urbanísticas  que nos convertan  nunha réplica de certas vilas das Rías Baixas, pero si un turismo familiar e constante ao longo do ano, vinculado  a actividades  na natureza  e o desfrute da nosa gastronomía  e tradicións, para conseguir o obxectivo final: crear postos de traballo estables e dignos nese sector que estimulen   a   economía   local   e,  en   consecuencia,   o   crecemento   demográfico,   clave imprescindible para a recuperación da cidade.

§ Ferrol  Vello porta  do Camiño Inglés.  Seguir a traballar na recuperación integral deste barrio histórico da nosa cidade que é porta de entrada dos peregrinos que inician o Camiño Inglés.

§ Potenciar  a  Oficina  do  Peregrino  e  avanzar  nas  xestións  coas  diferentes administracións para converter o Edificio de Aduanas nun albergue de peregrinos, o cal non só melloraría  a faciana do peirao de Curuxeiras,  senón que sería unha fonte de ingresos e de dinamización do comercio e da hostalaría do barrio de Ferrol Vello.

§ Seguir  impulsando   o   turismo   “slow   travel”,   Ferrol   como   destino   de tranquilidade  e  de  contraposición  ao  turismo  de  masas.  Poñer  en  valor  as cualidades paisaxísticas, gastronómicas e culturais.

§ Vinculada a isto a creación dunha  marca  de calidade de produtos artesáns e de consumo vencellados co Camiño Inglés.

§ Potenciar  e  controlar  o  turismo  de  acampada  e  caravanas,  para  o  seu estacionamento en zonas habilitadas que reúnan as condicións ambientais e hixiénicas.

§ Mellora do estacionamento de caravanas da Malata en canto aos servizos, así como a habilitación doutras zonas que posibiliten o estacionamento destes vehículos.

§ Seguir  apostando  por   “Ferrol   Activo”   como   destino  de   aventura,  de natureza   e  sostible. As  posibilidades  que  ofrece  a  cidade  polo  seu  entorno natural tanto para a práctica deportivas naúticas, como no impulso de rutas de sendeirismo e BTT. Mellora da sinalización destas  rutas.

§ Potenciar as diferentes rutas  urbanas -modernismo, Ferrol en feminino, Rutas da Meninas, da Ilustración,- así como as rutas dos castelos ou dos faros na zona rural.

§ Turismo  inclusivo.  Desenvolvemento  dun  plan  específico  para  promover  o turismo inclusivo, cun plan de mellora da accesibilidade de destinos turísticos do Concello, difusión de lugares e locais que cumpran a normativa de accesibilidade nos portais de difusión turística do Concello (con información precisa sobre accesibilidade),  creación  de  guías  turísticas  destinadas  a  persoas  con discapacidade ou con mobilidade reducida.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress