Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Un Ferrol para o mañá

Descarga o programa completo aquí

Emprego

O emprego é unha parte vital para a recuperación social, demográfica e mesmo anímica da nosa  cidade.  Dende  Ferrol  en  Común  consideramos  prioritario  establecer  políticas  de emprego municipais que saiban dar resposta á crise estrutural da dependencia pública na creación  de  emprego,  que  cando  goberna  a  dereita  axita  con  amortizacións, desmantelamentos  e  volve  raquíticos  os  sectores  públicos.  Nos  últimos  anos  Navantia, CHUF e Arsenal son os principais empregadores da comarca. Pero paralelamente, xurdiu un grupo de Pemes que traballan na diversificación, embrión en torno á Asociación de novos empresarios,  que impulsan  iniciativas  TIC, que apostan  pola innovación  e que, xunto  co impulso que está a dar o Campus de Ferrol a novas titulacións, como deseño de moda ou turismo, fannos manter viva a esperanza para non depender dos ciclos de construción naval

Malia a sensación colectiva, o ciclo 15-19 respecto ao 11-15 supuxo a baixada de 10 puntos porcentuais na taxa de desemprego e a creación de máis de 1000 postos de traballo. Ferrol en Común, a través dun dotado e con plena ocupación Centro de emprego municipal, foi un axente clave nesa recuperación, tanto con iniciativas propias coma cunha interlocución constante  co tecido  empresarial,  sindical  e social.  Queremos  seguir  nese  camiño,  darlle solidez e continuidade, de xeito que de forma participada academos os nosos obxectivos: con emprego, benestar social e recuperación demográfica facer un Ferrol alegre e vivo, que recupere o pulso dun pasado non tan distante.

§ Pacto  Local polo Emprego en coordinación cos  diferentes axentes  socias e mesas de traballo. Organización de mesas sectoriais polo emprego con representación de sindicatos, empresarios para detectar carencias formativas, así como necesidades de formación en novos perfís que se vaian  demandar.

§ Apoio  ao   empredemento  sostible  e  social,  falamos  de   promoción  da economía social, cooperativismo ou  emprego verde.  Creación da oficina do cooperativismo. Aposta pola formación en economía social.

§ Política  impositiva  de  apoio  ao  inicio  da  actividade  económica,  é  dicir aprazar  e  diferir  os  impostos  e  gastos  municipais  para  empresas  de  nova creación ou instalación no concello sempre que cumpran os requisitos de xerar empregos de calidade.

§ Liñas   de  apoio   económicas  e  formación  para  ás  PEMES  e  o  pequeno comercio, para a busca da diversificación da súa actividade e aumento do valor engadidos dos produtos.

§ Na contratación pública municipal, inclusión nos  pregos administrativos das cláusulas sociais (especialmente en relación ao xénero e ás condicións laborais e cunha política activa de RSC, responsabilidade social corporativa).

§ Investir na formación propia adaptada  á realidade social. Seguir traballando na   homologación   das   aulas   para   poder   impartir   formación   propia:   medio ambiente, agricultura ecolóxica, creación de empresas, prevención de riscos laborais, novas tecnoloxías e TIC´s.

§ Ofrecer    chan   industrial  para   o   asentamento  de   empresas  de   novas tecnoloxías, do terceiro sector ou emprego sostible

§ Participación en programas de emprego en colaboración e cooperación con outras  administracións,  para  desenvolver proxecto  de  desenvolvemento local e recuperación do  patrimonio, como o dique da Cabana ou Museo da Sociedade Galega de Historia Natural.

§ Aposta  pola  construción   naval  e  o   estaleiro  4.0   en  colaboración   coa Universidade da Coruña (UDC).

Mocidade

A nosa mocidade vémola cada día nas rúas e prazas, cada vez máis participativa nas mobilizacións sociais, cada vez máis consciente da forza do colectivo, logo da crise de individualismo extremo que vivimos nos primeiros anos do século XXI.

Non se pode negar que o problema principal e máis acuciante, xa estrutural, de Ferrol, é a perda de poboación, indubidablemente vinculada á falta de emprego pola crise industrial reiterada dende que outras instancias quixeron converter á nosa cidade nunha cidade de servizos, unha construción inventada contra natura que agora toca reverter. E ese é o papel da mocidade, valente e loitadora, que participa na folga feminista, na folga de estudantes, que se agrupa en entidades asociativas e practica deportes urbanos. Pero é obvio que a mocidade por si mesma non poderá sobrevivir ao bombardeo de destrución de emprego e desmantelamento  dos sectores produtivos que estamos a vivir. Precisamos de institucións

fortes e decididas que ofrezan camiños de formación e lecer aos nosos mozos e mozas, para reter todo o seu talento dentro das nosas fronteiras e poder construír un Ferrol mellor. Así, dende esta concellaría, recuperouse a Casa da mocidade, organizáronse actividades en Esteiro, Santa Mariña, Praza de España… de deportes urbanos e creación, organizáronse múltiples  xornadas  e  cursos  formativos,  e  ese  debe  ser  o  camiño  a  seguir,  poñer  a disposición  os  vehículos  necesarios  para  que  os  nosos  mozos  e  mozas  transiten  con facilidade polo camiño de amosar unha faciana de Ferrol máis positiva, alegre e humana. Ferrol en Común confía na mocidade para cambiar a orde do preestablecido e acompañalos nesa senda de transformación.

§ Casa  da  mocidade autoxestionada,  coma  durante  este  mandato,  blindada  a actividades para mozas e mozos.

§ Plan de emprego específico destinado á mocidade 19-23. Programa de apoio ás cooperativas integradas por xente moza.

§ Tarxeta +nova de acceso bonificado a centros deportivos e actividades culturais.

§ Promover  a  cesión  dunha   cota   de  vivendas  en  réxime  de  aluguer  de titularidade municipal.

§ Promover o asociacionismo  xuvenil. Creación dunha  asesoría  integral para  a mocidade  e  adolescencia,  que  proporcione  información  e  recursos,  que  a dinamice e a poña en valor, para erradicar o bullying, o consumo de drogas e fomente  a alimentación  saudable,  o voluntariado,  os programas  de educación sexual, o coidado do entorno.

§ Creación de espazos  de lecer permanentes, tanto na zona rural como urbana, con roteiros e deportes urbanos, que fagan do coñecemento e a saúde piares básicos nas súas opcións de desenvolvemento.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress