Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Un Ferrol para todas

Descarga o programa completo aquí

Participación e Transparencia

Nos  últimos  catro  anos  Ferrol  subiu  exponencialmente  en  transparencia.  Entramos  no goberno prometendo abrir portas e xanelas e acadámolo. Non só no plano formal, cunha contención  de  gasto  protocolario  e  suntuario,  restrición  no  uso  de  vehículos  oficiais  e baixada  de  salarios,  se  non  tamén  de  forma  obxectiva,  chegando,  algo  impensable  hai poucos anos, a ser a terceira cidade de Galicia con maior transparencia.

O cambio da páxina web, con acceso a todos os contratos públicos, declaracións de bens e rendas de toda a corporación, actas de comisións e plenos, fixeron de Ferrol un concello con paredes de cristal.

A chegada da xente do común ás institucións supuxo un intrusismo na vella política, esa que fai do servizo á veciñanza unha profesión, e que dirixen as súas accións políticas dende altas  esferas  que  nada  teñen  que  ver  cos  poderes  democraticamente  escollidos.  Nós estivemos para a xente e coa xente, accesibles, con proximidade e humildade, recollendo todas  as  propostas  individuais  e  colectivas,  tratando  de  dar  cumprimento  ao  mandato popular, sen ataduras nin dependencias externas.

No seguinte mandato o obxectivo é ampliar horizontes, pero cómpre mudar o modelo actual, facer da nosa cidade un espazo participado onde se involucren máis os mozos e mozas, onde a política non xere desidia se non ilusión, e para iso propoñemos novos mecanismos e modelos.

§ Facilitar  o  acceso   da  cidadanía  aos  servizos  e  recursos  creando  unha comisión  técnica  de  redución  drástica  da  burocratización  extrema  e discrecionalidade na aplicación dos procedementos administrativos, que asegure a  coherencia,   homoxeneización   e  seguridade   xurídica  na  interpretación   da normativa vixente, con incremento de persoal público e procesos áxiles  de resposta inmediata.

§ Aprobar  un  novo   regulamento de  participación cidadá,   menos  ríxido,  que permita un desenvolvemento realista duns orzamentos participativos e o seu desenvolvemento  progresivo  nas asembleas  de barrio  e participación  a través das novas tecnoloxías, eixo da participación veciñal, visualización final do traballo realizado e o que se fixo con eses orzamentos.

§ Fornecer aos  medios de  comunicación do  concello para  dar  a coñecer  á cidadanía o labor municipal.

§ Promover  a  información  e  participación  por  medio  da  web  e  redes  sociais municipais. Fortalecer o tecido asociativo dando ás entidades protagonismo, información   e  participación.   Facilitar  a  participación  cidadá  na   vida   do concello: dar voz en plenos e comisións e os contactos coa administración, nomeadamente das distintas concellarías.

§ Axilizar a resposta aos  requirimentos e solicitudes feitos pola cidadanía, nomeadamente dende o rexistro municipal. Axilizar e formalizar os sistemas de participación en concursos de subvencións municipais.

§ Abrir procesos democráticos alentando a unha maior participación activa das mulleres  e colectivos  con especial  vulnerabilidade,  a partir  de redes  de apoio mutuo.

§ Impulsar o voluntariado e a participación social, especialmente cun programa específico  contra  a  soidade  das  persoas  maiores  e  outros  colectivos  que favoreza o acompañamento e a convivencia interxeracional.

§ Xestionar as convocatorias ou  convenios co  compromiso de publicación  e resolución no primeiro semestre do ano, coa difusión inmediata dos proxectos subvencionados tras a súa resolución.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress