Participa de Ferrol en Común

fec
Inscríbete no censo para participar nas primarias de Ferrol en Común enviando un mail a ferrolencomun@gmail.com
 
A votación será o vindeiro día 11 de abril, de onde xurdirá unha candidatura de unidade popular, para dende as propostas da esquerda, tranformar a sociedade a través do municipalismo, onde o dereito ao traballo, a mínima subsistencia e a vivenda social serán os eixos da política de construción colectiva, fronte ao desleixo do bipartidismo, centrado en hipotecar os servizos públicos a empresas privadas con concesións de longa duración, en permitir a especulación urbanística e o crecemento artificial da cidade, en obras faraónicas e innecesarias e no uso partidista dos recursos públicos.
 
Unha cidade sostible medioambientalmente, onde todos os investimentos sexan dirixidos ás necesidades da xente e onde o colectivo e a participación sexan prioritarias fronte aos intereses partidarios da dereita, entregados ao poder financieiro, son a base de Ferrol en Común.
 
Participa nas primarias, na creación do programa e nas asembleas de Ferrol en Común, é o momento de novos gobernos onde a cidadanía asuma o dereito a decidir e participar na política como búsqueda do ben común.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s