Reunión FeC coas ANPAS

 

Ferrol en Común mantivo hoxe a tarde unha reunión coas ANPAS do municipio para abordar unha cuestión prioritaria como é para a nosa formación política a mellorar das oportunidades de todos os alumnos dos centros de ensino público e concertados da cidade, coa dotación de medios materiais e humanos que precisen acorde as súas necesidades educativas. 
 
A reunión celebrouse as 18:00 horas desta tarde na traseira do mercado de Caranza coa presenza de Jorge Suárez Fernández, número un da lista e candidato a Alcaldía de Ferrol, Álvaro Montes, no posto 3, e o concelleiro Suso Basterrechea, número cinco da lista de FeC. 
 
A reunión coas Anpas era una prioridade absoluta do noso calendario político por ser a educación un aspecto que nos tiña, e nos ten aínda, particularmente alarmados tras destes últimos anos de retallos orquestados desde as Administración do PP, que afondaron no deterioro na calidade do ensino. Así nolo trasladan de cotío os mestres e pais dos alumnos, que son os primeiros en detectar a precariedade na escola e os casos de nenos e nenas, moi cativos ou xa adolescentes, que arrastran os seus centro a situación que viven na casa, cos pais lastrados polo desemprego a asfixia económica e tensión familiar que iso conleva, e con escasos recursos municipais dos que tirar. 
 
A EDUCACIÓN, en letras maiúsculas debe ser, para Ferrol en Común, un dereito universal, gratuito e de calidade no eido público e co laicismo, a pluralidade e a democracia como sinais de identidade para unha ensinanza científica e rigurosa, respetuosa coas diferencias e integradora na interculturalidade desde o respeto ás persoas. 
 
¿Qué propoñemos no concreto?Abrir os comedores nos periodos non lectivos, e fixar convenios cos proovedores locais para surtir as súas cociñas con productos das nosas horta, a través do cooperativismo. 
 
Outro aspecto importante pasa poloreforzo do plantel do profesorado para a inclusión de colectivos en risco,naqueles centros onde a porcentaxe de alumnado inmigrante, de etnia xitana ou con especiais dificultades de aprendizaxe, por causas diversas, o faga preciso. Estamonos a referir, en particular, os CEIP Recimil, San Xoán, Esteiro e Manuel Masdías, pero faise extensible a todos aqueles que o demanden e o xustifiquen. 
 
Reclamamos a presencia da Área de Servizos Sociais do Concello de Ferrol no Consello Escolar para dar solucións concretas cos recursos municipais a problemas, tamén concretos, de nenos e nenas que cursan estudos no municipio, ademais de dar un forte impulso a cooperación entre centros para implementar as actividades con criterios educativos.
En derradeiro lugar, non queremos esquencer ó impulso a creación de novas escolas infantíspúblicas que permitan conciliar a vida laboral e familiar e recuperar poboación nun concello que se desangra en habitantes e só medra en desemprego.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s