Comuneros. Un artigo de Jose Torregrosa de apoio a Ferrol en Común

 
A estas alturas do desastre, a maioría absoluta do PP, causa e efecto dunha corrupción sistémica que deixa sen efecto o noso Estado de Dereito, preséntasenos capaz e disposta, se o permite a cidadanía, de acabar, ata mellor noticia, co noso estado do benestar, tan duramente gañado a costa das loitas populares, con sangue derramada de por medio (pénsese no Dez de Marzo, p.e.); en non menor medida, nos seus plans figura converter o Estado Democrático nunha “simulación en diferido” e os Dereitos Humanos en papel mollado polas bágoas das vítimas da súa política neoliberal, ao servizo do Gran Deus Mercado

 

A ninguén se lle escapa que, nas inminentes eleccións municipais e autonómicas, xogámonos algo máis que uns escanos a nivel local e rexional: son a proba de lume de que esa dereita rancia abusadora, enfrascada nos seus terrores e nas súas miserias, coa merda ata o pescozo, xa non é quen de convencernos – nin tan sequera aos seus incondicionais- nin vencernos. Xa non toca axeonllarse e rezar ás virxes de guarda para que remate o paro, nos cure enfermidades, proporcione escola aos nosos fillos, ou reparta un pouco de xustiza para os que quedaron sen nada para que a Banca, resarcida á nosa costa dunhas perdas froito dos seus propios erros, poida seguir sorbendo, impune, os nosos túetanos.

 

Como ferrolán, a aparición, cara ás municipais, dunha lista electoral onde se acada un acordo de mínimos entre diversos grupos de progreso – falo de “Ferrol en Común”, naturalmente- supón unha esperanza certa, pero tamén un reto de non defraudar expectativas. Aos seus compoñentes aválaos unha historia antiga de compromiso coa Esquerda solidaria e social, ao servizo do Pobo, pero tamén acerta a incorporar dita candidatura os aires novos que representan uns movementos cidadás en pé de compromiso democrático, no marco dunha Galicia que esperta dun pesadelo onde grallan, ao presentirse derrotadas, bandadas de gaivotas preeiras.

 

Todas e todos xuntos, xuntos todos, un “venceremos nós”, respírase, imparable no ambiente

José Torregrosa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s