Emprego e Industria no Ateneo

 
 
O Ateneo acolleu onte a tarde o debate que Ferrol en Común quere abrir en torno a situación real do emprego e causas do desemprego na nosa comarca.
 
Aquí vos deixamos algunhas breves pinceladas das intervencións dos nosos candidatos: Jorge Suárez, número un de Ferrol en Común, Eugenia Freire, economista e número dous, Álvaro Montes, número 3, ademais de Víctor Ledo, secretario xeral da Federación de Industria de CCOO, o economista Manolo Lago.
 
Jorge Suárez, número 1: Maio debe ser o inicio dun cambio de ciclo. A destrucción de 4.000 empregos no naval deixou un exército de desempregados. Desde o Concello pódese crear emprego -13 millóns de remanente de cartos sen investir-, que pasa por un Plan de Choque no primeiro ano da lexistura. Auditar e remunicipalizar servicios en mans de multinacionais, fomentar o cooperativismo agrícola e social e traballar para a diversificación industrial real”.
 
Eugenia Freire, número 2: O desemprego en Ferrol acadou en 2014 o 28% mentres na provincia de A Coruña non chegou o 20%, en no conxunto de Galicia non superou o 22%. A cidade perdeu 12.000 veciños desde 1998 e os plans de reindustrialización fracasaron estrepitosamente pola ineptitude da Administración e a falla de empuxe do empresariado local.
 
Álvaro Montes, número 3: En Ferrol, son os avós os que teñen que dar de comer os fillos e netos, en moitos dos casos cun 20% de familias sen cartos. Non podemos depender de que os que xeraron os problemas nos saquen de eles porque non é unha solución, é unha perversidade. Ferrol en Común é quen de xerar esa ilusión e esta é a oportunidade.
 
Víctor Ledo, secretario xeral da Federación de Industria de CCOO: A industria é o pilar da economía, o que xera riqueza e otorga o poder adquisitivo. O garante que sostén a educación e a sanidade, servicios públicos de calidade. O flotel de Pemex non é o barco que tiña que estar na grada, aporta pouco valor engadido. En Ferrol, foron 34 os ERES e case que todos remataron en despido mentres hai 250.000 traballadores que agardan pola renovación dos seus convenios colectivos. A reforma laboral prioriza os convenios de empresa que van por debaixo dos provinciais. Tradúcese en precaridade, perda de dereitos e salarios mais baixos.
 
Manolo Lago:  Nesta gran rececesión, os PIB de Alemaña e España caeron un 6%, pero  España destruiu un de cada cinco empregos (20%), algo que non aconteceu no país xermano. O drama ten relación coa estructura productiva e en como se organiza o mercado laboral. O que en Alemania chaman ‘traballo corto’, aquí remata en ERE porque o emprego é fráxil. Aínda que parece que medre a economía, é sobre servicios de baixo valor o que da unha falsa ilusión de crecemento que debe ser sobre unha base industrial.
Ferrol ten que facer barcos, pero non só barcos. Tamén reparar, eólica, turbinas e desde a innovación. 

 

                            TES VOZ, SOMOS A TÚA VOZ, FAITE OIR.. 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s