Necesitamos respirar cultura. Un artigo de Pepe Cunha de apoio a Ferrol en Común

 
 
A situación cultural de Ferrol devece por un cambio radical e urxente con apoio desde o Concello. Non é cuestión de que este invista moitos cartos senón de que ilusione, implique, escoite, analice e anime posibilidades e propostas. Cómpre ollar cara o positivo feito noutras ciudades e nesta mesma puntualmente no pasado. As fórmulas caducas ancórannos no pasado, nun bucle eterno que esgota eses folgos que desde hai décadas parecen esmorecer. Revisemos esas iniciativas xa tentadas puntualmente e que nos deron un salto de calidade e motivo de orgullo. Sempre será positivo reinterpretalas ou reinventalas .

 

 

 

 

O labor de ferrolá(n)s dentro e fóra da cidade ten amosado que nesta cidade hai capacidade abonda coa que traballar. Debemos abrir as fiestras para revitalizar o noso día a día, desmarcarnos, diferenciarnos, ofrecer un algo máis que outras vilas e cidades. Somos unha cidade con tradicións e patrimonio que coidar, pero sempre cun espíritu crítico. Sen deixar de aproveitar nin de cuestionar os valores máis visibeis, apostemos por abrir á luz aqueles que se están a agochar. Complementémonos, crezcamos, non pode primar a razón absoluta por riba do respecto e a convivencia.


 

 

 

Os nosos referentes deben ser a imaxinación, atención, sensibilidade, ilusión, transparencia. Necesitamos respirar cultura durante todo o ano, oferta e facilidades desde dentro e cara a fóra. Temos abondos recintos infrautilizados que cómpre xestionar doutro xeito e necesitamos unha programación coidada da que gocemos nós, que achegue xente á cidade con e inspire @s nos@s artistas. Non nos lembremos da cultura só nas festas, pero tampouco esquezamos que estas deben combinar variedade e calidade. E non a confundamos con elitismo. 
Sei que a candidatura de Ferrol en común comparte esta perspectiva e aposta con ganas.

 

 

 

Pepe Cunha
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s