Derro(ar)tistas. Un artigo de Sainza Ruiz de apoio a FeC

É inevitable para calquera ferrolán non vivir nun estado de permanente morriña; morriña do que Ferrol foi, do que é e do que vai rematar “sendo”. A cidade leva dende hai tempo na mesa de ciruxías e os gobernos que foron encargados de rexurdila decidiron que, simplemente, era mellor pasar o seu turno de traballo o mellor posible; que xa chegaría o seguinte turno máis inspirado se cadra. O turnismo infinito. Quizáis esa sexa unha das causas da situación actual: ningún goberno se atreveu a meter o bisturí porque para facer un proxecto real de cidade a longo prazo, hai que manchar as mans. Ferrol é unha vítima da política de chapa e pintura do bipartidismo e xa sabemos que por moito que á “mona” a vistan de seda… E cando se desvanece o oasis da Semana Santa e se levantan as alfombras vermellas da “fashion night”, Ferrol “bello” volta a ser iso; Ferrol Vello.


En Ferrol respírase un ambiente coma de fin do mundo. Coma o aire que se respira no quirófano previo ao loito do cadáver da cidade. Alén do consciente ou inconsciente que sexa cadaquén deste feito palpable, se hai algo que sabe a xente de Ferrol é loitar. Coido que levamos ben gravado na mente que “loito” en galego ten un dobre significado. Por iso, canto máis enloitados nos atopámos na negrura da morte da cidade; máis loitamos. Loitamos instintivamente, creativamente, artisticamente, imaxinativamente… Soñamos.


Son tempos difíciles para os loitadores e é por iso que avogo pola arte e a cultura, quizáis non coma medio transformador da sociedade en sí mesmo, pero sí coma un despertador da xente transformadora, das mentes loitadoras que non se resignan. Que non deixan oco para o derrotismo nin aceptan o pensamento manufacturado imposto. Ónde estades os Miguel Hernández da época? É ora xa de que, nun acto de verdadeira liberdade, rompamos este silencio cómplice que nos carcome.
 
Precisamos unha reforma profunda que veña da man dos artistas que non coñezan o derrotismo, dos que saben vivir na inestabilidade e abrazar ao caos. Porque saben que o caos é a orixe do mundo, o “big bang” do universo. Por iso, eu elixo o caos fronte ao bipartidismo; eu apoio a Ferrol en Común como “big bang” do cambio en Ferrol. Soñemos!


 Saínza Ruíz.





Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s