Ferrol en Común apoia e participará da manifestación dos traballadores e traballadoras de Navantia e a industria auxiliar

  • A pasividade do goberno municipal respecto ao sector naval público convérteo en cooperador necesario da súa degradación intencionada
O presidente de Navantia, JM Revuelta, durmindo tras unha reunión sobre o Dique Flotante
Ferrol, 29 de abril de 2015.- Na nosa cidade 4705 persoas anotadas nas listas do paro non reciben ningún tipo de prestación. Unha cifra similar aos postos de traballo perdidos no sector naval na última lexislatura de Rey Varela. Vanagloriarse na apertura de precampaña, por parte do actual alcalde, de contar co respaldo cidadá, apelando á recuperación do Sector Naval é una vexación a todas as familias que están en situación de extrema necesidade por mor do esmorecemento dun Sector Industrial imprescindible para que Ferrol volva a xerar emprego, para o comercio local, para un Ferrol para vivir.
Ferrol en Común comprométese a ser dinamizador da loita social contra o desmantelamento do sector naval público, demandando con firmeza, máis alá de teatralizaciones e ataques blandos contra o presidente da Sepi e Navantia, colocados polo propio Partido Popular, as reivindicacións que o sector naval precisa:
          Carga de traballo e a construción dunha Fragata F-110
      Dique flotante e novo dique seco cuberto, para impulsar un área que xera emprego, como é a de reparacións
          O rexuvenecemento do cadro de persoal dos estaleiros da Ría
          Un investimento masivo para permitir reflotar un sector punteiro
–     Un convenio Xunta, Navantia, UDC, Concello para crear un centro tecnolóxico nos terreos de defensa, que permita avanzar en I+D+i

 

Os enganos do flotel, agora posto en dúbida mesmo o seu pago por parte de Pemex, a sobreexplotación e degradación das condicións laborais, os EREs e a desertización industrial da comarca non poden ser solventadas con declaracións como as de Juan Juncal, “pedir o dique flotante é un suicidio” ou creando un novo polígono industrial, cando temos solo industrial dabondo en Río do Pozo ou Vilar do Colo. Firmeza, aglutinar a loita social, facer do Naval Público unha reivindicación de cidade son os obxectivos de Ferrol en Común
Advertisements