Ferrol en Común aposta por unha cidade educativa

 
 
Ferrol en común entende que os usos e costumes dos nosos habitantes son os que ditaminan en boa medida a realidade da nosa cidade. A nosa aposta decidida por unha mellora dos servizos públicos como o transporte debe complementarse con campañas e incentivos para conseguir unha cidade máis humana e sostible. Elevar notablemente a calidade de vida dos nosos veciños é o mellor reclamo posible para rematar coa perda demográfica que levamos vivindo durante demasiados anos. Esta circunstancia unida a un plan de choque en materia laboral pode inverter esta tendencia que é un dos nosos problemas prioritarios.
 
Ferrol en común sinala que este labor didáctico é extensible a todas as franxas de idades da nosa poboación pero indubidablemente, e por causas obvias, debe de ser especialmente importante entre os nosos habitantes máis novos. Neste sentido e como primeira medida apostamos por dar o trato destacado que merecen aos recursos xa existentes.
 
Este compromiso implica tanto cuestións materiais de mantemento e ampliación de instalacións como de fomentar a súa utilización polos centros educativos da cidade. Espazos como Aquaciencia, Aula de Ecoloxía Urbana ou o museo da Sociedade Galega de Historia Natural deben de considerarse como unha prolongación máis das aulas do conxunto da bisbarra. Por iso apostamos por un traballo específico realizado polos técnicos do Concello en coordinación cos profesionais da educación para integrar as devanditas actividades na programación anual escolar para obter o mellor dos rendementos.
 
Ferrol en común aposta por un mantemento constante das instalacións. Episodios como o vivido por Aquaciencia cunha deterioración evidente das súas instalacións que mesmo obriga a manter pechados boa parte dos seus aparatos non poden repetirse nunha cidade como a nosa. Non é unha solución satisfactoria aceptar esta degradación ata obter recursos de xeito excepcional da Deputación.
 
Lamentable tamén é o trato recibido pola Aula de Ecoloxía Urbana, única na súa categoría do Estado, obrigando o seu traslado non programado en metade do curso académico para favorecer unicamente os intereses comerciais duns poucos. Hai que recordar que foron as protestas de organizacións e colectivos cidadáns as que forzaron o goberno local do PP a encontrar unha solución de emerxencia para tan valioso recurso didáctico.
 
Por último Ferrol En Común aposta por destacar como merece ese tesouro común que son as instalacións da Sociedade Galega de Historia Natural. Non só adquirimos o compromiso de resolver de xeito inmediato e definitivo o problema prolongado que supón unha cuberta inconclusa e a falta de señalética específica se non que entendemos necesario a ampliación demandada de espazo para poder levar adiante labores complementarias.
 
A cesión dos xardíns lindantes e da nave próxima mellorarían notablemente o seu traballo de recuperación de animais enfermos ou lesionados ou as súas actividades de taller relacionadas co museo en si mesmo.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s