Ferrol en Común impulsará uns mercados sostibles e o comercio de proximidade

 

 

O pequeño comercio está en situación crítica logo destes catro anos de asfixia entre obras, falla de transporte e aparcamento e priorización das grandes áreas comerciais en detrimento do local
Ferrol en Común denuncia a inactividade do goberno municipal respecto ao comercio local, a hostalería e os mercados municipais, que foi marxinado na política deixando aparte as medidas efectistas e nada efectivas impulsadas desde a concellería que encabeza Alejandro Langtry.
 
Coidamos que o reparto de vasos e bolsas entre os bares, ou a contratación dunha empresa privada, Auren Consultores BIO que cobraba por comercio aberto, e quedou nunhas poucas pegatinas con cargo os fondos do Plan Urban, e do que aínda descoñecemos o informe, non deu ningún resultado sen que ningúen asumira as responsabilidades deste desleixo. 
 
A insuficiencia dos investimentos a través do Plan Urban, máis de 10 millóns de euros, en estimular a economía local son consecuencia da aplicación electoralista do mesmo, adecentando rúas, mentres os comercios pechan e as casas caen. Para guinda do pastel, neste último pleno privatízase o Mercado de Caranza, onde se instalará outra gran empresa de alimentación e preténdese facer o propio nos terreos do Sánchez Aguilera. Iso demostra que este goberno municipal pretende seguir o modelo A Coruña, grandes áreas e afundimento da economía local.
Ferrol en Común impulsará e dinamizará o comercio local, prohibirá a utilización de chan público para a instalación de áreas comerciais e fará dos mercados municipais o eixosobre o que se articulará o cooperativimo agrícola de impulso municipal. 
 
Propoñemos unha MarcaFerrol, así como facilitar o acceso aos postos baleiros aos desempregados de larga duración e colectivos en risco de exclusión social.
Ferrol en Común habilitará unhaOficina de comercio e mercados participada, co fin de crear unha bolsa de locais baleiros, incentivando o aluguer con incentivos fiscais nos impostos municipais, xerando unha páxina web onde publicitalos, fomentado a cooperación para transmitir entre o colectivo o coñecemento necesario e as oportunidades de negocio, e o feito de compartir locais entre empresas diversas.
Así mesmo, habilitaranse partidas co fin de avalar e impulsar un sistema de microcréditos con convenios a través da banca ética a interese unicamente ligado ao IPC que permitan comezar negocios, preferenciando aqueles que sirvan produtos locais ou xeren máis postos de traballo, así como sobre as persoas en dificultades de inserción no mercado laboral.
Ferrol en Común cre que o consenso cos praceiros non é óbice para buscar un novo modelo de mercado, que sirvan de oportunidade a algún dos 7613 desempregados e desempregadas da nosa cidade, que son quen merecen o maior consenso, e quere por de manifesto, que para a reactivación da economía local, cos máis de 700 comercios pechados, a reactivación do comercio e hostelería ten que vir ligado da microeconomía local e da creación de emprego, non das concesións de longa duración a macroempresas que xeran postos de traballo precario e levan os beneficios ao seu lugar de orixe, sen redundar na economía local.
 
 
 
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s