Ferrol 2015. Cambialo todo. Artigo de Álvaro Montes de apoio a FeC

 
 
 
No próximo mes de maio celebraranse unhas eleccións municipais que van máis alá de escoller uns organos de goberno e de xestión municipal
 
Ferrol é un claro exemplo do significado político de bipartidismo-sistema onde por un lado temos a finais dos setenta unha mal chamada “transición” que trae como consecuencias:
Desigualdade, corrupción, negación da soberania económica e social, negación dos dereitos a decidir e por outro lado temos a principios dos ointenta, unha mal chamada “reconversión industrial” que trae como consecuencias:
Paro, precariedade, emigración, avellantamento, fame e mesmo a inviabilidade de Ferrol como cidade
Vivimos nunha cidade que parou o reloxo, onde os comercios pechan por melancolia, temos varias xeracións condenadas a unha crise perpetua, e onde ter o carné de certos partidos dá oportunidades que doutro xeito non terías
Resulta indignante para as persoas que non temos traballo,ver como as reformas laborais levan a que os contratos sexan por días, mesmo por horas e en cambio, os servizos publicos que se privatizan firmanse por anos, mesmo por décadas…para quen goberna esta xente?
Dende Ferrol en Común, a nosa chamada é a unión das clases sociais empobrecidas, a que sexamos nós mesmos os protagonistas da nosa existencia. Non debemos caer na perversividade de que os culpables sexan parte da solución
Ferrol en Común é unha chamada a practicar a rebeldía, a cambialo todo
Álvaro Montes-Candidato de Ferrol en Común
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s