Por este e outro Ferrol. Un artigo de Miguel Castro de apoio a FeC


Ferrol: cidade sen dúbida especial, acostumada aos polos e aos enfrontamentos. Berce dos máis reaccionarios e progresistas, das mellores paisaxes e das peor coidadas e maltratadas, de persoas nobres e pouco valoradas, ….
Os datos do paro, da veciñanza que deixa a cidade na busca dunhas mellores condicións, da desigualdade, da despoboación,… son demasiado repetidos, demasiado duros, demasiado certos. Tanto que nos abordan e pretender quitarnos continuamente a ilusión dun presente e futuro mellor.
Esta realidade nos intenta arrasar e afundirnos nos enfrontamentos, e a súa vez, a que debemos transformar, que recolocar. Esa negrura non pode facer que desfalezamos, que nos rendamos.
A dereita que nos goberna xa sabemos o que nos ofrece: decisións unilaterais, confrontación, soberbia…Ante iso : cohesión, participación, solidariedade, …
Os que estamos a vivir esta experiencia que supón Ferrol en Común, sabemos perfectamente que é o camiño a seguir desde a esquerda da cidade e a todos os niveis.
Que se xunten tres partidos políticos e cidadáns nos adscritos máis politicamente posicionados nunha mesma fronte, desde logo , non é sinxelo, máis si necesario.
Os logros obtidos valerán o dobre e o camiño a andar será máis sólido e terá menos atrancos. A unión da esquerda non é un paradigma a buscar, non é unha utopía, é unha necesidade. Unha necesidade realmente produtiva, onde superadas determinados matices que se atopan no comezo, aparecen as grandes ideas e intencións que nos agrupan, que se necesitan para un Ferrol mellor. Onde vivir na nosa cidade non supoña sempre falar dos problemas que a ateigan.
Un Ferrol onde valorarnos máis os uns aos outros, un Ferrol que cando atopemos a un veciño fora dela fale das marabillas que nos arrodean, e non das trabas que se atopan na súa cidade. Onde a propia autoestima coma ferrolán suba cara o lugar que merece.
Eu desexo, coma tanta xente na cidade, que o domingo 24 de maio, a cidadanía de Ferrol saiba o importante deste momento histórico que estamos a vivir, que outros catro anos do Partido Popular van ser una desfeita, que o votar non é una opción, é o que hai que facer.
Dicía Silvio Rodríguez nunha canción:
Cuando escriban la vida los buenos, al final vencedores, se sabrá que no usamos veneno, como aroma de flores”.
E dicía tamén o cubano Pablo Milanés noutro tema: “No es perfecta, más se acerca a lo que un día simplemente soñé”.
Ferrol en Común é a miña opción e penso que é o camiño a seguir nunha esquerda que necesitamos forte e unida.
Despois do 24 de maio: a andar e construír, antes a votar.
Miguel Castro Serantes é mestre, activista social e membro de Esquerda Unida.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s