Ferrol: os efectos das políticas de emprego do PP

En FeC coidamos que é prioritario comprender que estamos nun momento de cambio decisivo para o Estado español pero, no que nos afecta, tamén o é para Galicia ou mesmo crucial para a nosa cidade. É hora de mudar as políticas e de escoitar novas voces no Parlamento, voces que resoan nas institucións levando a voz da rúa como a En Marea. que esixen un cambio radical nas políticas económicas e de emprego do PP, que estiveron ao servizo dos poderes económicos danando os dereitos dos traballadores para favorecer aos grandes lobbies empresariais.

 

É vital para a nosa cidade que leva sufrindo o desleixo dos sucesivos gobernos do Estado que coas súas políticas afundiron á comarca e a Ferrol nunha crise cada vez máis profunda na que segue aínda 30 anos despois da primeira reconversión industrial. É hora de rescatar Ferrol.

 

As políticas do emprego do PP non puideron ser máis nefastas, xa que actuaron coma un rodete. A mostra palmaria está nos datos: durante os catro anos de Mariano Rajoy creceu a temporalidade con 251.000 traballadores indefinidos menos, hai más desempregados que na última época de Zapatero, cunha poboación activa menor xa que 566.000 persoas están en situación de “mobilidade exterior”, que diría Fátima Bañez.

 

Durante os dous primeros anos Rajoy destruiu un total de 1.0178.000 empregos fronte aos 959.000 que creou nos dous anos seguintes pero que son de peor calidade que os destruidos cunhas condicións máis flexibles e con peores salarios.
      Mariano Rajoy anunciou que crearía máis de dous millóns de empregos
 

 

En Galicia, o goberno de Feijoó tran tirunfalista nestes últimos meses nos que fala da recuperación deixa un panorma aínda peor que no conxunto do Estado. Galicia é a terceira comunidade autónoma onde máis se incrementou o paro rexistrado en xaneiro ao aumentar en 7639 persoas con respecto ao ano anterior. En Galicia destruíronse 15000 empregos e en xaneiro desapareceu gran parte do emprego xerado no último ano. De feito agora hai máis desemprego que cando Feijoó subiu ao poder, pasou do 17,7% ao19,3% ao final de 2015.

 

Na nosa cidade a situación non é moito mellor. Estamos en situación de “emerxencia social” ante a que o goberno do Estado e da Xunta non actúan. O emprego nestes últimos catro anos empeorou e de novo os datos deste xaneiro deixan preto de 7000 desempregados na cidade e na comarca temos xa 17509 persoas sen traballo. Das sete cidades galegas Ferrol é a cidade cunha taxa de ocupación das máis baixas dos sete concellos galegos (34%) e con maior taxa de paro (27,9%) todo isto tendo en conta que no pasado ano marcharon da cidade 2411 persoas na súa maioría persoas en idade activa, principalmente xente nova e formada perdendo así un capital humano fundamental para dinamizar e recuperar a nosa cidade. Vivimos unha verdadeira sangría migratoria.

 

FeC entende que unha cidade nesta grave situación na que as políticas do PP (no Estado, na Xunta e e durante o goberno de Rey Varela na cidade) non fixeron máis que afondar a crise estrutural da cidade. Unha cidade inmersa nunha profunda crise económica dende a primeira reestruturación do sector naval. 
 
Representantes de En Marea no Congreso

 

Dende FeC pensamos que En Marea vai lograr que as demandas da nosa cidade cheguen a Madrid e que se escoite a nosa voz, e coa súa presenza esixan novas políticas públicas que en especial promovan, favorezan, fortalezan e revitalicen de novo o noso sector naval público, que ningún dos gobernos de Madrid tivo interese en protexer e fomentar.

 

Pero non só pensamos no sector naval xa que cremos que para revitalizar a economía da nosa cidade é preciso tamén avogar por outros sectores coma a enerxía verde, servizos sociais, o cooperativismo ou agricultura ecolóxica que permita potenciar tamén os produtores e a economía local e da propia comarca. Pero para iso é preciso mudalo todo, para iso son precisas novas políticas e sobre todo que as demandas da nosa cidade teñen o seu sitio en Madrid, a través de En Marea.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s