FeC aposta pola transversalidade e centralidade da participación cidadá na acción de goberno

O nivel municipal é o máis próximo á cidadanía por iso son precisamente as corporacións locais as que constitúen o eido fundamental onde de verdade podemos profundizar na democracia, na participación e facer pedagoxía participativa, para mudar o modelo da toma de decisións tradicionais na que os cidadáns só tiñan voz unha vez cada catro anos.

 Por iso son os concellos os que poden impulsar un diálogo aberto, transparente e regular coas asociacións representativas e coa sociedade civil, para empoderar a cidadanía e xenerar e fortalecer as sinerxias e crear redes de confianza que reforcen o exercicio e o desfrute dos dereitos por parte dos/as cidadáns e cidadás, como son o dereito á información, o dereito de petición e proposta, de consulta e inciativa cidadá, o dereito de ser escoitado/a e o de intervir nos plenos municipais e noutros órganos creados para o dito fin.

Partipación permite un modelo máis democrático na toma de decisións

 

FeC entende que a verdadeira participación ten que partir da idea de que a veciñanza participe na vida municipal e nas decisións do goberno.Por iso xa dimos os primeiros pasos nese camiño a través da posta en marcha dos órganos de participación cidadá, os cales os sucesivos gobernos ou ben ignoraron ou non aplicaron máis que de xeito propagandístico.

Mediante a organización de Foros, Asembleas de Barrios ou Consellos Sectorais e recoñecendo os dereitos da cidadanía e a creación da figura da defensora da cidadanía estamos tendendo pontes para que de verdade agora sí falemos da soberanía popular.Tamén mediante a consulta para a reforma da Praza de Armas ou achegas noutros ámbitos queremos fomentar esa participación. Unha sociedade que quere falar e participar na vida política, cultural e social da súa cidade tal e como amosan os bos resultados tanto en asistencia coma en propostas dos distintos foros civícos, que tiveron lugar na cidade.

 Xuntanza do I Foro Cívico do Concello de Ferrol “Reiniciamos”
 FeC por tanto demanda a apertura dos procesos participativosnomeadamente a través dos Consellos sectoriais que teñen que ser o verdadeiro escenario do debate político na cidade.Nestes Consellos ademais de participar membros do Pleno municipal deben participar cidadáns e cidadás a título individual que manifesten interese na materia, polo que é necesaria unha maior implicación para que estes Consellos se adapten oa Regulamento de participación cidadá e que sexan de portas abertas, especialmente nalgunhas áreas que teñen que ser transversais.

Dende FeC queremos mudar a idea de “participación cidadá” que os partidos do réxime limitaron ao voto ou a participar en procesos que non eran máis ca un instrumento propagandístico e de representación titorizada, como o Plan de Barrios impulsado dende o goberno do Partido Popular que non tiña unha finalidade realmente participativa e democrática.

Nós queremos dar canle a participación directa a cidadanía porque entendemos que é o mellor xeito para acadar unha verdadeira transformación social e afondar nun modelo máis democrático para decidir que tipo de cidade queremos dende o recoñecemento dos veciños e veciñas coma suxeitos de dereitos e non só coma simples beneficiarios e beneficiarias da prestación de servizos. Pasamos de gobernar sobre a cidadanía para gobernar e decidir coa cidadanía.

 

Unha participación que entendemos transversal e inclusiva tendo en conta sectores de poboación ou zonas como o rural que estiveron marxinadas da vida do concello. Construír un novo modelo de cidade, de política e de goberno no que a cidadanía xogue un papel fundamental.

Dentro deste compromiso participativo tamén falamos dun grupo muncipal aberto á cidadanía e un Concello que favoreza e dinamice dende as súas competencias esa participación para o empoderamento da sociedade. Dende FeC pensamos que é preciso fomentar na nosa sociedade unha cultura aberta de consulta e diálogo permanente que facilite a convivencia, a solidariedade, a tolerancia, a responsabilidade cidadá e os valores éticos e democráticos; reforzando o interese polo ben común.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s