FeC considera vital protexer o dereito lexítimo a unha vivenda digna

O dereito á vivenda aparece recollido tanto na Constitución como noutros regulamentos a nivel internacional entre eles a Declaración dos Dereitos Humanosque entende lexítimo para as persoas “un nivel de vida axeitado así como unha vivenda digna”.Emporiso, nos últimos anos por mor da crise xa non só en Galicia senón en todo o Estado Español, este dereito estivo conculcado.
A cuestión dos desafiuzamentos únese a grande lista de agravios e de abusos que durante todos estes anos os distintos gobernos de diferente cor, permitíronlles ás entidades financeiras, bancos e fondos bolsistas, entre os que están temas como as “claúsulas chan” ou as “preferentes” que nun caso permitiron os bancos impor xuros abusivos e noutros vender produtos de alto risco á anciáns e xubilados.
Desafiuzamento
Unha situación de abuso favorecida por unha burbulla inmobiliaria, pola avaricia feroz dos poderes financeiros e coa connivencia dos gobernos do PSOE e do PP. Todos estes actores propiciaron que entre o ano 2007 e 2014 máis de medio millón de persoas perderan os seus fogares. No caso de Galicia o dato foi máis claro, durante o ano pasado houbo tres execucións hipotecarias ao día. O caso da nosa comarca aínda peor, cunha situación de desemprego por enriba da media do Estado e de Galicia, e moi azotada pola crise e que non foi axena a estas consecuencias.
FeC considera que esta situación é unha verdadeira “emerxencia social” a que hai que dar resposta dende os poderes públicos. Nunha cidade con 9 000 vivendas baleiras, non é posible que miles de familias que durante estes anos perderon os seus fogares non atoparan unha solución habitacional axeitada e digna.Apostamos por unha vivenda e aluguer social. Camiñamos a unha cidade libre de desafiuzamentos, na que a atencións as vítimas sexa a prioridade. Os cartos públicos non son para rescatar aos bancos senón para as persoas vítimas dos abusos bancarios.
Dende FeC pensamos que Ferrol coma cabeceira da comarca ten que ser a punta de lanza en aforntar esta “emerxencia social”e por iso apoiamos a declaración do “Concello libre de desafiuzamentos”xa que cómpre garantir o dereito básico do acceso a unha vivenda digna de toda persoa, libre de calquera discusión.A dita declaración non queda nun compromiso baleiro xa que falamos dunha oficina de apoio aos desafiuzados, o estímulo do aluguer social ou o gravamen no IBI ás vivendas baleiras en propiedade dos bancos como piares da nosa política social que constrúa unha cidade para ás persoas.
Consideramos que unha das medidas máis urxentes é presionar aos poderes financeiros dende os poderes públicos, para posibilitar a “dación en pago”. Para permitir que as persoas poidan saír adiante achegando a súa propiedade e non cargar toda a vida cunha débeda por un inmoble o propiedade que xa non é seu. 
Manifestación contra os desafiuzamentos
Unha cuestión recoñecida na Lei hipotecaria no seu artigo 140 pero que en España non é do común. É importante presionar para mudar a Lei hipotecaria que permitiu o asalto aos cidadáns e que a propia UE considera que vulnera a normativa comunitaria porque non garante unha protección eficaz, e que agocha claúsulas abusivas entre elas non aplicar a antedita “dación en pago” ou os xuros de mora excesivos.
FeC entende que os poderes públicos teñen que defender os dereitos dos cidadáns, sobre todo cando estes foron violados de xeito sistemático por parte dos poderes financeiros e que levaron a milleiros de persoas a exclusión social e a unha situación de vulnerabilidade. Por iso dende FeC apoiamos a Moción presentada pola PAH sobre o dereito a vivenda, para promover unha declaración institucional por parte do Concello de Ferrol neste sentido.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s