8 de marzo: mulleres e rebeldes

Dous feitos están relacinados coa celebración do día 8 de marzo que foi declarado en 1975 o Día Internacional da Muller;por un lado faireferencia aos feitos que sucederon nesa data do ano 1908, onde morreron calcinadas 146 mulleres traballadoras da fábrica textil Cotton de Nova Yorknun incendio provocado polas bombas incendiarías ante a negativa de abandonar o encerro no que protestaban polos baixos salarios e as infames condicións de traballo que padecían.
 
Anos antes en 1857 tamén un 8 de marzo as traballadoras do textil tomaron a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas miserentas condicións nas que traballaban. Unhas 15.000 mulleres marcharon pola cidade, esixindo unha redución da xornada laboral, mellores salarios e dereito ao voto. A historia do 8 de marzo é a historia da loita das mulleres por melloras socais e laborais.

 

O asociacionismo femenino foi moi importantes sobre todo no ámbito fabril- textil onde as mulleres sufrían unhas condicións laborais de semi- escravitude
Isto que forma parte da historia do feminismo e da loita obreira fai que lembremos que o sistema sexo- xenéro patriarcal, antes como agora determina a construción dunha sociedade desigual entre homes e mulleres, permite a pervivencia de distintos xeitos de violencia contra as mulleres e xoga un papel importante á hora de invisibilizalas en todos os ámbitos (económico, cultural, social…).
As mulleres xogaron un papel protagonista nos acontementos históricos. Mulleres Revolución Rusa (1917- 1921)

Un sistema presente na nosa vida cotiá, nos micromachismos diarios, nunha linguaxe sexista, na escola, nos medios, nas relacións laborais, e mesmo no xeito de contar a historia ou a ciencia onde o protagonismo é absoluto e sempre dos homes, eles son os grandes protagonistas da historia. Pero a realidade é, que as mulleres xogaron un papel fundamental nos grandes procesos históricos xa sexa nas revolucións (nomeadamente Revolución Francesa e Rusa) e tamén no avance da ciencia ou da literatura, pero aínda a día de hoxe son as grandes descoñecidas. 

A historia das mulleres é unha materia pendente, xa que como afirman Les Comadres“A historia sempre é contada polos vencedores, e as mulleres fomos sempre as vencidas en todas as guerras, non só nas bélicas”. Pero reler a historia en clave femenina non significa só rescatar o protagonismo das mulleres no pasado senón presentar instrumentos para repensar a dinámica histórica no seu conxunto, e comprender a invisibilización sistemática das mulleres ao longo da historia e nos grandes momentos de cambio social, nos que a pesar da súa contribución e protagonismo tratouse sempre con desleixo. Cómpre que nos fagamos unha pregunta Por que?.

 

Concepción Arenal é un dos grandes iconos do feminismo

 

 
No ámbito da ciencia no que é tradicional falar “dun mundo de homes”, a invisibilización do traballo das mulleres é clara.Se facemos un relato histórico da ciencia e dos seus protagonistas todos coñecemos a Isaac Newton ou a Blaque Pascale. Fálase menos dos importantes traballos científicos de Hipatia de Alejandría que fixo a primeira grande contribución no mundo das matemáticas e das ciencias, Marie Sophie Germain que coa súa investigación logrou un avance dentro da teoría dos números ou Rosalind Elsie Franklin eminente biofísica e cristalógrafa, que tivo unha participación crucial na comprensión da estrutura do ADN, ámbito no que deixou grandes avances. Un dato revelador para comprender o antedito, na historia do premio nobel este foi outorgado 817 veces a homes, e só 47 veces a mulleres.

Nos movementos sociais e revolucionarios a historia tamén prescinde do papel fundamental das mulleres. Na Revolución Francesa o relato histórico non lembra a Olympe de Gouges que xogou un papel moi activo nesta e que foi axustizada por entender que nese novo proceso ás mulleres tiñan que ter voz e xogar un papel importante lonxe do rol tradicional. Figura importante non só para o feminismo, tamén para o triunfo da revolución, a mesma que rematou coa súa vida por publicar A DECLARACIÓNS DOS DEREITOS DAS MULLERES, E DA CIDADÁ. Pero tamén podemos falar dos grandes movementos revolucionarios en America Latina, xa no século XX as mulleres tiveron unha importante presenza, oculta nos relatos históricos, dende a revolución cubana como Celia Sánchez, guerrilleira en Serra Maestra, ou Luiza Amanda Espinoza importantísima líder dentro do movemento sandinista.

Dende FeC queremos saldar esa débeda histórica coas mulleres e coas mulleres rebeldes da nosa cidade que moitas veces foron ignoradas cando contamos a historia obreira e de loita de Ferrol. Amada García Rodríguez, Concepción Arenal, Maria Tell ou Concepción Miranda entre outras que representaron a loita de miles de mulleres, pola mellora das condicións laborais, polo acceso das mulleres á educación ou por rachar co rol tradicional das mulleres na sociedade da época.
As mulleres tiveron un papel moi activo no ámbito das Sociedades obreiras nos portos. Mullerees na carga e descarga do carbón
 

Na nosa cidade xogou un papel importante o asociacionismo femininosobre todo vinculado con oficios para protexer os dereitos das mulleres. A principios do século XX, xurden distintas sociedades de mulleres obreiras. Precisamente relacionadas coa Socidade de Cargadores e Descargadores de carbón temos a Josefa Gomez Meraafiliada a UXT apresada e executada, que fixo unha grande achega ao asociacionismo feminino, na busca dunhas mellores condicións de traballo para as mulleres, reclamando o mesmo salario para homes e mulleres polo mesmo traballo. Unha loita moi do noso tempo, xa que aínda hoxe as mulleres percibimos un 40% menos que os homes polo mesmo traballo, por non falar dos alarmentes datos respecto a temporalidade dos empregos e das condicións laborais flexibles.

Dende FeC queremos rescatar do silencio a aquelas mulleres anónimas na loita, que a historia decidiu soterrar e silenciar, mentras son os homes os grandes protagonistas dos feitos históricos. A recuperación da memoria destas mulleres é tamén unha loita e cómpre un necesario recoñecemento. Un recoñecemento que é preciso facer precisamente neste 8 de marzo no que conmemoramos a loita daquelas 15000 mulleres que saíron a rúa a esixir igualdade de dereitos e mellora nas súas condicións laborais ou as mortes daquelas outras 145 mulleres do textil que só esixían unha mellora nas condicións de semi- escravitude nas que desenvolvían o seu traballo.Esa loita ten que inspirarnos para construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e democrática. Porque sen igualdade non hai democracia.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s