Polo dereito a decidir das persoas e dos pobos

O GRUPO MUNICIPAL DE FERROL EN COMÚN PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN RELATIVA AO DEREITO A DECIDIR DAS PERSOAS E DOS POBOS

prt_211x300_1433188934O Grupo Municipal de Ferrol en Común, presentará no Pleno da Corporación Municipal a moción dirixida ao Pleno polo dereito a decidir das persoas e dos pobos. O 15 de decembro de 1976 celebrábase o chamado referendo sobre a Lei da Reforma Política que, asumindo a monarquía herdada do franquismo coma forma de organización política do goberno e do Estado, establecía un sistema bicameral e abría as portas á redacción dunha nova constitución.
Todos os cidadáns e cidadás que teñen hoxe menos de 59 anos non puideron participar nese proceso, do mesmo xeito que todas as persoas que hoxe teñen menos de 54 anos non puideron participar no referendo que aprobou a Constitución española do ano 1978. É dicir, máis do 69% da poboación hoxe viva non puido votar a Constitución, non puido decidir sobre a forma de Estado que esta consagra. É máis, 3 de cada 4 cidadáns que hoxe teñen menos de 75 anos tiveron que asumir unha forma de organización política do Estado decidida por outros, nun proceso de transición herdado do franquismo e tutelado militarmente. Un referendo no que se votaba o texto no seu conxunto, incluindo a forma da xefatura do Estado.
Dende FeC consideramos que é preciso abrir un debate postergado pero necesario, xa que a cidadanía ten dereito a decidir como a organización política e a forma do Estado. Consideramos esencial o dereito a decidir das persoas e dos pobos. É necesario un debate valiente, no que quede patente que hai toda unha xeración de cidadáns e cidadás que viven nun modelo político que non votaron, e polo tanto 38 anos despois da aprobación da Constitución, é preciso a discusión pública, o cuestionamento político e por suposto o dereito a decidir das persoas e dos pobos.
Propoñemos un plebiscito, entendido como a consulta que os poderes públicos someten ao voto popular directo para que aprobe ou rexeite unha determinada proposta sobre soberanía, cidadanía, etc., semella o mecanismo axeitado para que a poboación poida decidir sobre o seu futuro. Esta consulta vinculante que podería cuestionar o modelo consagrado pola Constitución do 1978, abriría a porta a un proceso constituínte no que a estrutura territorial e o dereito a decidir dos pobos que hoxe conforman o Estado, quedase garantido, posición que nós colectivamente defendemos.
Polo tanto, o Grupo Municipal de FeC presenta esta moción ao Pleno municipal co obxecto de adoptar un acordo para reclamar do Goberno do Estado e do seu Presidente a convocatoria e organización dun plebiscito no que os/as cidadáns e cidadás poidan decidir, nos próximos meses, sobre a forma de organización política do Estado, máis concretamente sobre a monarquía parlamentaria consagrada na Constitución de 1978 de xeito que, se esta é rexeitada, se inicie un proceso constituínte que regule a forma de organización política e territorial, salvagardando o dereito a decidir das persoas e dos pobos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s