FeC apoia a folga dos estudantes e esixe a derrogación inmediata da LOMCE

FeC apoia a folga dos estudantes convocada para este 13 de abril, xa que consideramos necesario esixir a derrogación inmediata da LOMCE, e a partir de aí  traballar na consecución dun novo modelo educativo que garanta un ensino público, digno, de calidade e que permita o acceso universal salvagardando a igualdade de oportunidades no acceso a un dereito fundamental como é o da educación.

A LOMCE, así como as medidas 3+2, as reválidas ou a Estratexia universitaria 2015 están conducindo a “mercantilización da educación” e impoñendo barreiras de acceso, que inciden directamente sobre os estudantes de menores recursos.

1382557688_653585_1382700302_noticia_fotograma
Mobilización en todo o Estado Español en contra da Lomce

Pero ademais entendemos que no seu conxunto falamos de medidas tinguidas dunha ideoloxía neoliberal nas que por exemplo increméntanse as prácticas formativas non remuneradas, “precarizando” os dereitos laborais dos estudantes e favorecendo ás empresas, e tamén ás entidades bancarias, as sempre beneficiadas polo PP.

Todo isto temos que engadilo ao aumento das taxas universitarias, o custe dos mestrados e a imposición das reválidas, que sumado  aos recortes en educación que levamos sufrindo en especial estes últimos catro anos, da como produto unha educación non só máis desigual, senón que de peor calidade.

España está entre os países da UE que máis recortou en educación e  é dos  países onde os alumnos pagan máis taxas; de feito este ano pagaron entre o 15 e o 25% máis na primeira matrícula das universidades públicas. Por non falar da redución das bolsas en investigación ou de apoio ao estudo. As medias 3+2 supoñen un aumento do custe dos títulos universitarios, como media nuns 20.000 €, e no caso da reválida tal e como está presentada supón cos custes engadidos  importantes barreiras no acceso á universidade a miles de estudantes.

119275_100000big
A LOMCE ataca o dereito á educación

Consideramos que a LOMCE ataca o dereito  á educación encamiñado a unha progresiva “privatización” desta, e incidirá especialmente na calidade do ensino  e na equidade do mesmo, xa que a través destas medidas entendemos que é máis difícil o acceso á educación para a maioría da sociedade. Ademais estas medidas propostas e as diferentes reformas impostas ao conxunto do sistema educativo levan á precariedade da formación así como á “elitización” do ensino afectando a todos os niveis educativos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s