#APATRIANAPALABRA, 27 Edición da Feira do Libro de Ferrol, xunto con outras actividades animarán esta edición

CARTEL FEIRA LIBRO
Cartel da Feira do Libro #APATRIADAPALABRA

Ferrol, 19 abril.-  ‘O Carnaval dos Animais’, así se deu en chamar ao concerto didáctico que os mestres e o alumnado do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol van ofrecer este venres 22 de abril, entre as actividades paralelas que acompasan a 27 edición da Feira do Libro de Ferrol´, A Patria na Palabra,  (do 20 a0 24 de abril) no Cantón de Molíns.

É unha actividade novidosa e de balde no teatro Jofre de Ferrol da Concellería de Educación e Cultura que afonda nos  lazos de colaboración que se están a tecer, por primeira vez, entre o Concello de Ferrol e o Conservatorio da cidade, que dirixe Paco San Román e que suma 508 alumnos. Forma parte das actividades complementarias a XXVII edición da Feira do Libro de Ferrol.

As entradas para ‘O Carnaval dos Animais’ quedan desde hoxe martes 19, a disposición dos interesados para a súa retirada na billeteira do teatro Jofre en horario de 11 a 13 e de 18 a 20:00 horas aya o venres. Repartiranse un máximo de 4 por persoa.

O concerto didáctico terá tres pases 10:30, 12:00 e 19:00 horas.

Oito casetas de libreiros galegos, na mesma liña de edicións anteriores, dan forma a esta 27 edición da feira ferrolá que se instalará baixo carpa aberta  na Praza da Constitución, no Cantón de Molíns, a que se suman de novo as Biliotecas Municipais de Ferrol e Narón, ademais do punto de información e da caseta ebook da Deputación da Coruña. A inauguración oficial será o mércores 20, as 19:30 a cargo do escritor Antón Cortizas e coa participación do Real Coro de Toxos e Froles.

CITA POÉTICA PARA A AXENDA CULTURAL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO

Con motivo do Día do Libro, tamén terá lugar un recital poético o venres 22, ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Ferrol, conducido polo profesor Jose Antonio Ponte Far, coa participación de Darío Xoán Cabana e de Xulio L. Valcárcel, entre outros.

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL 19:30 HORAS 22 ABRIL

 RECITAL POÉTICO: (sobre poemas do libro-antoloxía Los poemas que no debes deixar de coñecer).

LECTORES:

XULIO L. VALCÁRCEL (poeta)

DARÍO XOHÁN CABANA (poeta)

PERICO CASTRO COUTO (pintor, ilustrador do libro-antoloxía citado)

EVA OCAMPO VIGO (Profesora de literatura)

ÁNGELES SEOANE (Profesora de literatura)

VIKY TAIBO (Ex – actriz de teatro aficionado)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s