O Goberno de Ferrol inicará os traballos para arranxar 16 puntos viarios que precisan de aglomerado

Suman 1.655,75 metros cadrados en 16 puntos xa identificados en distintas rúas  da zona urbana e  serán executados por Mistura

   Ferrol, 22 abril.-  O Goberno local de Ferrol, a través da Concellería de Obras,         Vivenda e Rehabilitación, vai iniciar a semana próxima os traballos para a     reparación do firme de 16 puntos da zona urbana que precisan de aglomerado, entre         eles, un foco sinalado no túnel da praza de España.

beleicon338
Estrada de Beleicón

En total, explicou hoxe a concelleira de Medio Ambiente, Vivenda e Obras, Esther Leira,  estas 16 pequenas intervencións espalladas por todo o rueiro, suman 1.655,75       metros cadrados que serán executados pola empresa Misturas,   cun orzamento que se   achega aos 100.000 euros. Principiaran o luns 25, se o tempo o permite, xa que as  actuacións requiren dunha climatoloxía solleira.

 Vanse executar nas rúas Lepanto, López Dafonte, na rotonda do Diapasón e na de González Llanos, na rúa Instituto, Nicaragua, Villarube, Telleiras, nas avenidas do   Mar, Exército español e da Residencia, en Caranza, en Penas de Guitín, Álvaro    Cunqueiro, na praza de España, na rúa Rochel e Maiola.

REMATADOS OS TRABALLOS DE PAVIMENTACIÓN DE CATRO CAMIÑOS NA   ZONA RURAL

Doutra banda, veñen de rematar os traballo de aglomerado e pavimentación en catro  viarios da zona urbana e rural do municipio que se iniciaron no mes de febreiro. Son os camiños de Liñares (Brión), O Cal (A Cabana), os camiños de Vinculeiro e Beleicón     (entre Santa Mariña e San Xoán -Bertón) e os da Fonte de Velos e A Pedreira, en  Doniños. O importe total destas catro intervencións  foi de 94.626,44 euros.

Todas as actuacións se acometen con cargo a fondos propios das arcas locais, froito do esforzo da actual corporación por aforrar en gastos superfluos dos mandatos anteriores e redirixilo a traballos que redunden en beneficio da veciñanza e a partida se incluía no modificativo de crédito que fora aprobado en novembro do 2015.

Polo miúdo, as actuacións xa rematadas son as seguintes:

  1. Mantemento do tramo do camiño de A Liñares, en Brión. É un camiño de 20 metros e 33o metros cadrados de superficie que foi adxudicado a empresa Lancer Proxectos e Obras SA por 22.585,44 euros.
  2. Aglomerado do camiño de O Cal, en A Cabana. Esta intervención afectaba a a 620 metros cadrados e ten unha lonxitude de 171 metros. Tamén se fixo cargo Lancer polo importe xa indicado, que comprende os dous proxectos.
  3. Camiño de O Vinculeiro-Camiño do Beleicón, entre os barrios de Santa Icía e San Xoán-Bertón. Esta intervención foi adxudicada a empresa Jose NO Mantiñán e Hijos Construcións SA, por un importe de 37.435,00 euros. A reparación do viario 313 ao que se accede desde a F-13, comprende unha superficie de 2.100 metros cadrados e mide medio quilómetro (505 metros).
  4. Aglomerado do Camiño da Fonte dos Velos e mantemento dun tramo do camiño da Pedreira, en Doniños. Son 130 metros de camiño e unha superficie de 570 metros cadrados, no caso do camiño da Fonte, e de 326 metros de lonxitude por 1.020 de superficie en A Pedreira. A intervención foi executada pola empresa F.Gomez e Cia, por un importe de 34.606,00 euros.

A vontade da Concellería de Obras é facer unha planificación anual das intervencións mais urxentes en pistas e camiños da zona rural en base a criterios obxectivos de tránsito e localización, logo de facer unha análise rigorosa das demandas dos veciños e priorizar as intervencións mais urxentes.

O Concello de Ferrol, manifestou Leira, agarda que a Deputación provincial de luz verde a outras catro obras pendentes para a zona rural que figuran no listado do POS (Plan de Obras e Servizos) 2015 e 2016, para proceder a súa licitación e reparación.Son os camiños de Muíño Vello (estrada de Mougá), Arealba-Fontaíña (San Xurxo), o de Vilabiude (Valón) e As Cabzas-Pedra Branca, na parroquia de Covas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s