Cociña do mundo, baile doce en familia, contacontos, poesía nas letras galegas e unha aventura musical, dan forma aos sábado musicais do mes de maio

Os concelleiros de Participación e Cultura presentaron hoxe a programación de balde do Concello para nenos nas fins de semana

A primeira actividade é un obradoiro de cociña para cativos de 11 a 13 o sábado na Xogoteca da praza de España

20160503_114336
O concelleiro de Participación cidadá e o concelleiro de Cultura onte na rolda de prensa

Ferrol, 3 maio.- O Concello de Ferrol ven de presentar este martes a nova programación dos Sábados Miúdos’ para o mes de maio co ánimo de favorecer a conciliación laboral e familiar nas fin de semana para nenos de 3 a 12 anos coa filosofía de que poidan aprender e xogar, sempre de balde nos espazos públicos.

Sábados Miúdos é o nome dunha nova iniciativa conxunta das Concellerías de Participación Cidadá, e Educación para os mais cativos da casa, na que se acompasa o lecer e a didáctica ou, dito doutro modo, a diversión e o coñecemento.

A programación do 7 ao 28 de maio foi presentada en rolda de prensa polos concelleiros Álvaro Montes e Suso Basterrechea, cunha oferta renovada que pasa pola cociña, o Baile de Doce, contacontos e mesmo unha aventura musical da mans das Maimiñas.

É unha actividade da que Ferrol carecía: espazos para xogar e aprender en lingua galega”, resumiu o concelleiro de Normalización. Pola súa banda, Basterrechea, fixo balance do éxito e “da demanda espectacular” acadada nos Sábados Miúdos de abril, con danza, a poesía e a plástica como protagonistas nunha oferta moi variada.

COCIÑEIROS VIAXEIROS
Cartaz de Sábados Miúdos

PROGRAMACIÓN DOS ‘SÁBADOS MIÚDOS’ DE MAIO 2016

7 DE MAIO, COCIÑEIROS VIAXEIROS

A actividade arranca xa este sábado 7 de maio, de 11:0o a 13:00 horas.

COCIÑEIROS VIAXEIROS, na Xogoteca da Praza de España, para nenos de 4 a 12.

40 prazas. É preciso anotarse antes na dirección que se indica no cartaz.

 14 DE MAIO, na capela do Centro Cultural Torrente Ballester.

Unha viaxe polo mundo, As Maimiñas. Programa Apego. 12:00 horas.

Para nenos de 0 a 10 anos coas súas familias. Unha aventura musical en galego de Mai e Miña dúas amigas que viven un monte de aventuras.

Imprescindible recoller antes as entrada noa billeteira do Teatro Jofre (de balde).

21 DE MAIO, BAILE DE DOCE, 12:00 horas. (Auditorio ou CTB)

Dentro do programa de Danza Expandida da Concellería de Cultura polo #diamundialdadanza celebrado o pasado 29 de abril

Repítese esta iniciativa a vista do enorme éxito acadado no primeiro pase. Para nenos de todas as idades coas familias. Bailar ata rematar cos folgos, e rematar cun pequeno almorzo.

22 DE MAIO, (DOMINGO) CONTACONTOS ‘TODO ME FALA DE TI’

Especial Día das Letras Galegas. 12:00 horas na Capela do CC Torrente Ballester.

Espectáculo musical de Maxín Blanco, Uxía e Santi Cribeiro coa obra poética de Manuel maría, dentro do programa FalaRedes2016

(Imprescindible recoller entrada previamente no teatro Jofre)

28 DE MAIO, no Antigo Hospicio. Cóntame un conto, PROGRAMA APEGO

Obradoiro de lectura para nenos de 0 a 3 anos, e as súas familias. De 60 a 90′.

Prazas limitadas: 20 nenos con 2 adultos máximo por cada neno.

O obxectivo é dotar a familia de coñecemento sobre o bo uso dos contos na educación e na estimulación dos seus pequenos desde idades temperás. Inscrición no correo gnl@ferrol.es antes do 24 de maio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s