Ferrol súmase á mobilización deste 17 de maio en Compostela co lema “O idioma é vida”

Dende o Concello de Ferrol entendemos que é preciso amosar a nosa sensibilidade coa conmemoración do día das Letras Galegas.  Entendemos que debemos posibilitar a todos/as aqueles/as cidadáns/ás que así o desexen asistir a un día de festa, pero tamén de reivindicación para a promoción da nosa lingua e cultura. Lonxe de ser unha  cuestión ideolóxica como afirma  o Partido Popular, é a expresión e a aposta clara e firme na defensa da nosa lingua e dos nosos elementos culturais, é dicir unha mostra de apoio  que entendemos é precisa dende os poderes públicos.

Pero a postura do Partido Popular respecto a esta cuestión non é sorprendente máis se atendemos cal foi a política lingüística dende a Xunta de Galicia e dende o propio o Concello durante o seu goberno,  que levou a uns resultados moi negativos. Tal e como indican os últimos datos do IGE nos que o galego deixa de ser a lingua habitual da maioría da poboación galega, e Ferrol é a cidade con menos galego falantes.

 

manifa-queremos-galego2
Manifestación 17 de maio de 2009

Entendemos tamén que o Partido Popular non apoie que o Concello de Ferrol invista 300 € en fletar un autobús para que os/as cidadáns/ás que o desexen participen no acto de Compostela convocado por esta plataforma , xa que como a mesma Xunta de Galicia fai, o PP prefire investir os cartos públicos para promocionar o uso do galego, en subvencionar a prensa escrita en castelán.

Esta mobilización é organizada pola  Plataforma Queremos Galego, plataforma cidadá, conformada por máis de 600 entidades en defensa da lingua galega.   Este ano terá ademais un carácter marcadamente cultural posto que será este  17 de maio a data de arranque para as diferentes actividades que terán lugar en vilas e cidades galegas en conmemoración do centenario das Irmandades da Fala e da figura do poeta  Manuel María, empregando como lema da mobilización deste ano, un verso deste poeta “O idioma é vida”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s