A política demográfica da Xunta de Galicia amosa a súa ineficacia ante a sangría poboacional que sufre Galicia

Hai unha semana a Xunta de Galicia de mans de Jose Manuel Rey Varela falaba de que entre os obxectivos da Xunta de Galicia estaba  reverter a situación demográfica do territorio, pero o certo é que a vista dos datos, e especialmente a partir do ano 2012 a sangría demográfica de Galicia é patente con datos realmente dramáticos. No que vai de ano 2016 Galicia xa perdeu 14 598 habitantes empeorando xa os datos do pasado ano neste mesmo período.

Se atendemos aos datos de poboación absoluta, dende que Feijoó subiu ao poder, Galicia perdeu preto de 64 000 persoas, sendo o período entre o 2013- 2014 o de maior caída poboacional perdendo 17 245 habitantes. No período dos últimos catro anos a sangría é dramática pasando de 2 781498 habitantes a 2 732347, perdendo nese período 49 151 habitantes, que significa o 77,10% da perda de poboación do goberno de Núñez Feijoó.                        Sin título6                                                      

Son tres os parámetros que poden explicar esta sangría da poboación de Galicia e serán nos que vamos reparar para entender a deriva demográfica no territorio galego:

1. Datos migratorios negativos: Galicia perde anualmente máis poboación da que gaña, con unha taxa de atracción das menores do Estado. Segundo os últimos datos dispoñibles no IGE en Galicia no pasado ano marcharon 90 675 persoas, presentando datos en termos de migración neta negativos, nos que en Galicia marcharon cara a emigración 2 279 persoas máis das que chegaron. Durante o pasado ano en Galicia por cada 100 habitantes 4 delas marcharon cara á emigración, ou dito doutro xeito os procesos migratorios afectaron ao 6,5% de poboación galega (incluíndo inmigración e emigración).

Sin título1

Sendo o 46, 34% desa emigración en idades entre os 30 e os 54 anos, é dicir en idade activa o cal repercute directamente noutras variables: unha taxa de paro menor polo descenso da taxa de actividade, unha taxa de envellecemento maior, e unha taxa de natalidade menor (marcha de mulleres en idade fértil). O motivo da emigración nesta idade está directamente relacionada co desemprego, xa que a case totalidade das persoas que marchan nestas idades é en busca de oportunidades laborais, a pesar dos brotes verdes dos que presume a Xunta de Galicia.

A maioría desta emigración, aproximadamente o 38,5% son persoas con alto nivel formativo. A pesares de que a partir do ano 2012 a poboación sufriu un descenso importante, en especial no ratio de idade activa, a taxa de desemprego seguiu subindo o cal pode dar unha idea da verdadeira dimensión do desemprego en Galicia, tendo o seu punto álxido no 2013 cunha taxa do 22%.

Sin título2

  1. Taxa Bruta de Natalidade por debaixo dos datos do Estado español agravado pola perda de poboación en idade activa (e mulleres en idade fértil).

              Sin título3A pirámide de poboación de Galicia, amosa unha tendencia demográfica regresiva, é dicir que ten unha baixa natalidade, e unha altas taxas de mortalidade favorecidos polo envellecemento do poboación. No caso de España aínda que tamén presenta uns parámetros demográficos regresivos, a taxa de mortalidade e de natalidade son máis suaves que no caso galego.

                                   Táboa 1

2009 2010 2011 2012 2013 2014
Galicia 8,13 7,95 7,79 7,62 7,16 7,15
España 10,64 10,42 10,06 9,69 9,10 9,17
Fonte:IGE. Elaboración: Propia

Segundo os últimos datos dispoñibles no IGE que son do 2014 , en Galicia nacen 7,15 nenos/as nacidos/as vivos/as  por cada 1000 habitantes, o cal está moi por debaixo do criterios de L. Henry para os países desenvoltos (10- 15 por mil). Como vemos a taxa de natalidade está nunha media de 2 puntos por debaixo da de España que agora mesmo xa está por debaixo do criterio demográfico, xa que a partir do 2009 comeza a diminuír a dita taxa por mor  do regreso de poboación inmigrante ao seus países de retorno ( de idade moi nova e con prácticas demográficas algo máis activas no ámbito da natalidade).

A taxa de natalidade está relacionado ou vinculado claramente como perda de poboación en idade activa, e a súa vez coa  baixa natalidade que non permite que exista una taxa de reposición o suficientemente alta como para repoñer os efectivos que perde pola emigración e pola alta taxa de mortalidade. Dito doutro xeito, datos como un baixo índice de mulleres en idade fértil (ISF están directamente vinculados con datos negativos en canto a nataldiade) o que fai que o crecemento vexetativo (é dicir a diferenza entre nacementos e mortes) sexa negativo por riba dos datos de España.

3. Taxa Bruta de Mortalidade das máis altas do Estado, pola poboación altamente envellecida, e o escaso número de nacementos a poboación en Galicia presenta un crecemento vexetativo negativo, é dicir que a diferenza entre mortes e nacementos ten un saldo negativo. Na actualidade a diferenza entre nacementos e mortes está en -10 299 mortes máis que nacementos.

Esta taxa vai sempre ter datos relativamente altos cando teñamos unha poboación fortemente envellecida, que de novo temos que relacionar coa baixa natalidade, e a marcha de poboación nova fora de Galicia, ademais do aumento medio da esperanza de vida. Datos como o índice de envellecemento expresan ben esta realidade na que hai 204 vellos por cada 100 mozos (entendidos mozos entre os 0- 14 anos) co que queda claro o difícil reemprazo xeracional da xente nova. Un dato que no prazo de 6 anos aumentou de xeito importante cando no 2009 aínda non se chegaba a cifra de 200 persoas de 65 e máis anos en proporción á xente nova.

O índice de dependencia por tanto é alto, chegando a un 56, 80 %, cada 100 traballadores ten que cubrir a 56 persoas en idade non activa, de entre elas a maioría de 65 e máis anos.  Con todo isto está claro que a idade media da poboación galega supera os 45,9 anos cando no resto do Estado está nuns 40,9 anos, sendo España un dos territorios europeos cos maiores índices de envellecemento.

Poderíamos facer unha análise máis ampla e profunda da dinámica demográfica de Galicia, e como os datos, como noutras ocasións achegan a realidade que a Xunta de Galicia, e que o PP negan ou disfrazan Pero o certo é que este datos revelan unha deriva demográfica negativa, favorecida pola falta de futuro laboral na nosa terra principalmente. Por moitos anuncios triunfais que dende a concellería de Rey Varela fagan, aquí están os datos e esta é a realidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s