Medio milleiro de persoas participaron dos roteiros de ‘Ferrol Rebelde’ en marzo e abril

Roteiro
Cartaz Ferrol Rebelde

Foron 30 roteiros de balde nos que tomaron parte 416 persoas, cunha media de 15 por ruta un perfil de idades moi variado

Preto de medio milleiro de persoas participaron do roteiro ‘Ferrol Rebelde’, un paseo didáctico polas rúas e prazas da cidade naval impulsado pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ferrol nos meses de marzo e abril para dar a coñecer un século de historia do movemento obreiro da cidade.

En total, foron 30 os roteiros que se desenvolveron nestes dous meses, cunha media de 14 persoas por ruta, logo de que outros seis tiveran que ser suspendidos por mor das condicións meteorolóxicas dunha primavera especialmente pasada por auga. Tiveron saída no Palco da Música do Cantón e discorreron en 10 estacións.

No mes de marzo´16, foron 12 roteiros: 160 persoas (foron suspendidos os previstos nos días 13 (17:00) e 20 (11:00). Tamén houbo un específico para un grupo de 4º de ESO do IES Fragas do Eume (27 persoas).

No mes de abril, o total de roteiros foi de 18, con 256 persoas. Foron suspendidos os que estaban previstos os días 2 e 3, e o domingo 24. O xoves 7 de abril, ás 13.30 habilitouse un específico para 2º de Bacharelato do IES de Canido (31 persoas), e outro o mércores 13 de abril, para a EPA (Escola de Educación para Adultos) de Caranza (13 persoas). Tamén participou un grupo do Ateneo ferrolán (16 persoas), o 20 de abril as 18:00 e o mércores 27, ás 11.00 veu o grupo do hospital de día de psiquiatría (30 persoas).

O concelleiro, Álvaro Montes, valorou moi positivamente a experiencia a vista do altísimo grao de satisfacción dos participantes e a implicación no proxecto, e da demanda dos centros educativos da contorna para sumarse en datas próximas. De feito, subliña que houbo xente que fixo o roteiro mais dunha vez e preguntou pola continuidade da iniciativa nos meses de verán.

Obxectivos:

– Divulgar a xeografía humana da movemento obreiro

– Vincular Ferrol coa historia de Galiza e co movemento obreiro internacional

– Subliñar a tradición democrática e republicana da cidade

– Reforzar o ligazón entre o movemento obreiro e a conquista dos dereitos democráticos

– Dignificar a memoria das persoas vítimas e superviventes do franquismo

– Situar Ferrol no lugar central que lle corresponde no movemento obreiro galego

– Transmitir entusiasmo pola historia heroica do pobo traballador

– Revalorizar a conciencia crítica tanto histórica como colectiva

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s