O Concello de Ferrol abre o prazo para a presentación de solicitudes das subvencións a entidades veciñais para este ano 2016.

Poderán concorrer a esta convocatoria todas as asociacións veciñais, as federacións e as agrupacións de asociacións veciñais que cumpran os requisitos e finalidades conforme a convocatoria das anteditas axudas e que fomenten a participación da veciñanza no ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Ferrol. veciñanza

Ferrol, 8 de xullo de 2016-  No Boletín Oficial da Provincia de hoxe venres 8 de xullo de 2016, sae publicada a convocatoria de subvencións a entidades veciñais do Concello de Ferrol para o ano 2016.

Consonte ao previsto na dita convocatoria o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, polo que o prazo comprende dende o 9 ata o 28 de xullo ámbolos dous inclusive.

Os modelos de solicitude están a disposición das entidades no Rexistro Xeral, no Negociado de Participación Cidadá e na páxina web do Concello na sección SEDE ELECTRÓNICA – TABOLEIRO DE ANUNCIOS . A resolución da concesións será por decreto do concelleiro de Participación e comunicado a todos/as os/as solicitantes de forma fidedigna.

En cifras máis polo miúdo a contía global da presente convocatoria, para o ano 2016 suma a cantidade de 90.000 € , divididos en dúas modalidades:

A) Gastos de actividades e programas

Contía: 78.000 €

Réxime de concorrencia competitiva

B) Gastos de enerxía eléctrica:

Contía: 12.000 €

Réxime de concorrencia non competitiva.

Estas subvencións corresponden ao impulso e apoio que dende a Concellería de Participación do Concello de Ferrol queren dar ás entidades veciñais do noso Concello como motores e garantes da participación cidadá efectiva, así como en contribuír a impulsar as relacións humanas e sociais entre a veciñanza dos barrios e parroquias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s