O Concello de Ferrol colabora coa Sociedade Galega de Historia Natural cunha achega de 32500 euros

foto6
Hoxe nun momento da rolda de prensa

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e a concelleira de Obras e Medio Ambiente, Esther Leira, presidiron a sinatura do convenio de colaboración que reflicte o apoio do Concello de Ferrol ás actividades do Museo e da SGHN

Ferrol, 13 de xullo.- O Concello de Ferrol colaborará coa actividade da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e do seu Museo da Natureza cunha achega económica de 32.500 euros.

O convenio de colaboración foi rubricado esta mañá polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e o delegado da SGHN en Ferrol, Pedro Fernández Flores, nun acto no Concello no que tamén participou a edil de Obras e Medio Ambiente, Esther Leira, e Xan Rodríguez Silvar, en representación tamén da entidade.

O obxecto do convenio é a participación e patrocinio do Concello de Ferrol no mantemento e actividades do Museo de Historia Natural en Ferrol en aspectos como a monitorización das visitas, os gastos derivados do seu funcionamento, a mellora puntual das súas instalacións de almacenamento das coleccións biolóxicas ou de cartelería, así como a recollida de animais para o seu posterior envío ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros.

“Para nós é un orgullo darlle traslado a este convenio coa SGHN e animo a todos os visitantes á cidade a que pasen por estas instalacións porque realmente paga a pena”, resaltou Jorge Suárez, que lembrou que se reclamará que se poida integrar “canto antes o Museo na Rede Galega de Museos”.

Pedro Fernández agradeceu a colaboración do Concello posto que supón un “reforzo” e un importante apoio para o mantemento e desenvolvemento dunha actividade iniciada no 1979 “grazas ao esforzo desinteresado de moitos centos de ferroláns con espírito de voluntariedade”.

O Museo da SGHN permanecerá aberto de luns a sábado de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30, e os domingos e festivos de 10:00 a 14.00 -pecha as tardes-. En xullo e agosto o horario de apertura é de luns a domingo de 10:00 a 14:00, estando pechado polas tardes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s