Cultura organiza un ciclo de charlas formativas para músicos do 19 ao 21 de xullo para potenciar a súa profesionalización

Aoredordamusica02
Cartaz

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou esta mañá as tres charlas do ciclo “Ao redor da música”, que terán lugar a vindeira semana no Centro Cultural Torrente Ballester de 19:30 a 21:30

Nas charlas informarase sobre cuestións como a facturación e os contratos, os riders técnicos e a venda e comunicación

Suso Basterrechea destacou que se trata de charlas gratuítas e que non precisan preinscrición, coas que se tenta potenciar e apoiar a “profesionalización” dos músicos locais

Ferrol, 14 XULLO.- Ferrol acollerá do martes 19 ao xoves 21 tres charlas formativas, englobadas no ciclo “Ao redor da música”, nas que se informará sobre cuestións como a facturación, os contratos ou os riders técnicos.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou esta mañá o ciclo, organizado en colaboración coa Asociación de músicos ao vivo. Contará con tres charlas, de dúas horas de duración cada unha, coas que se tenta potenciar e apoiar a “profesionalización” dos músicos locais.

“A calidade musical nesta comarca está moi por riba da profesionalización, polo que isto é tan ou máis importante que calquera outra actividade formativa que se poida facer en Ferrol ou na comarca” destacou Suso Basterrechea, que quixo deixar claro o “compromiso deste goberno por potenciar o mellor da música deste país e a creatividade dos músicos locais”.

Na rolda de prensa estivo presente tamén Aitana Cuétara, representante da Asociación Músicos ao Vivo, quen destacou que as charlas formativas están dirixidas tanto a músicos amateurs como profesionais.

CHARLAS

Todas as charlas formativas terán lugar no Centro Cultural Torrente Ballester, con entrada libre e sen precisar preinscrición. O horario será de 19:30 a 21.30.

  • Martes 19 xullo. Facturación e contratos.

  • Mércores 20 xullo. Son e riders técnicos.

  • Xoves 21 xullo. Venda e comunicación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s