Cultura leva a Banda Ferrolá de música aos barrios con concertos que arrincaron este domingo

Suso banda ferrolá música 15 xulloO concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou a nova tempada de concertos da Banda que se realizarán todos os sábdo ás 12:30, sendo o primeiro xa este sábado 16 de xullo, no Cantón de Molíns

Ata o 3 de setembro, a Banda realizará sete concertos en Ultramar, Esteiro, A Magdalena, Caranza, Ferrol Vello, Brión e Canido

Ferrol, 15 xullo.- A Banda ferrolá de música protagonizará este verán sete concertos gratuítos ao aire libre que se desenvolverán os sábados pola mañá en distintos barrios da cidade, dende o 23 de xullo ata o 3 de setembro.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, acompañado do director da Banda Narciso Pillo, presentou esta mañá os concertos, que se poñen en marcha tras rematar a Tempada de inverno, que acadou un “éxito enorme”, nas citas dos domingos coa Banda organizadas no Auditorio de Caranza e nas que se chegou a ter unha media de 300 persoas.

Suso Basterrechea destacou que na tempada de verán serán concertos semanais, que se desenvolverán cada sábado nun barrio distinto, comezando xa MAÑÁ 16 de xullo, no Palco do Cantón de Molíns, e ata o 3 DE SETEMBRO. Serán sempre ás 12:30 horas. Ademais, haberá un concerto máis, o mércores 31, que coincidirá co peche das Festas de agosto en Ferrol.

Suso Basterrechea puxo en valor o feito de que os concertos se leven por primeira vez aos distintos barrios de Ferrol, cumprindo o “obxectivo de descentralizar a cultura, que era unha das premisas do programa cultural”.

Os concertos serán os seguintes:

  • 16 xullo: Palco da Música do Cantón de Molíns.

  • 23 xullo: Praza de Ultramar.

  • 30 xullo: Praza do Himno Galego.

  • 6 agosto: Xardíns de Herrera.

  • 13 agosto: Caranza.

  • 20 agosto: Ferrol Vello.

  • 27 agosto: Castelo de San Felipe.

  • 31 agosto: Praza de Amboaxe, coincidindo con último día das festas.

  • 3 setembro: Canido, en coincidencia coas Meninas.

Basterrecha salientou tamén o elevado nivel artístico da Banda ferrolá da música, que a está levando a colaborar con outras localidades, como xa se fixo recentemente en San Sadurniño, e con peticións de actuación que xa chegaron doutras localidades como Moeche ou de Vilalba.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s