Participación Cidadá convocará Foros Cívicos da mocidade e da 3ª idade e Asembleas de barrio sobre o transporte

13731582_1071682209594600_5199923182517489382_n
A Comisión de Control da Participación, onte durante a reunión

O concelleiro de Participación Cidadá, Álvaro Montes, presidiu a reunión da Comisión de Participación na que presentou a folla de ruta dos vindeiros meses nos que se traballará para fomentar a participación veciñal co fin de lograr que sexa o máis plural posible e con cabida de todas as voces

Ferrol, 19 XULLO.- O concelleiro de Participación Cidadá, Álvaro Montes, presidiu a reunión da Comisión de Participación celebrada esta mañá no Concello, na que presentou a folla de ruta dos vindeiros meses nos que se traballará co obxectivo de fomentar a participación entre os/as veciños/as, para “garantir a participación cidadá efectiva achegándoa á cidadanía co fin unha participación o máis plural posible na que teñan cabida todas a voces”.

Entre as propostas presentadas esta mañá figurou a presentación do Foro Cívico da Mocidade e do Foro cívico da 3ª idade.

No tocante ao Foro Cívico da Mocidade as reunións comezarán en setembro. Desenvolveranse nos centros de mocidade, dirixidos a maiores de 16 anos, tendo posteriormente lugar o acto plenario no Teatro Jofre.

Ademais, arrincarán tamén en setembro unha rolda de Asembleas de barrio temáticas arredor do tema do transporte, nas que aqueles/as veciños/as que desexen participar poidan aportar achegas que posibiliten a mellora da mobilidade dos barrios, a calidade de vida e as comunicacións en Ferrol tanto no ámbito urbano como no rural. Haberá tamén un traballo específico para renovar as asembleas de Doniños, Caranza, A Magdalena e Catabois.

Álvaro Montes destacou así mesmo que está prevista a convocatoria do Consello da veciñanza cara final de ano, do que formarán parte, ademais dos grupos municipais, dous representantes de cada asemblea de barrio, un representante de cada Consello sectorial e un representante de cada un dos foros cívicos en funcionamento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s