A xestora da Marea Constituínte reuniuse por primeira vez onte na Coruña

IMG_2016-07-20-215235Nesta primeira xuntanza, acordouse o calendario de traballo para a preparación do encontro do 30 de xullo en Vigo, no que agromará unha candidatura de confluencia para as eleccións galegas.

A comisión xestora que está a preparar a Marea Constituínte do vindeiro 30 de xullo, reuniuse esta tarde por primeira vez na Coruña. O encontro que serviu para definir o calendario de traballo cara este encontro no que agromará unha candidatura de confluencia para as eleccións galegas.

En especial, fixouse o prazo e as condicións para solicitar achegas aos textos que serven de base ao proceso, e que foron aprobados por amplo consenso polas Mareas en Común: regulamento de primarias, código ético para os cargos electos, forma de goberno e organización interna da confluencia.

A segunte xuntanza será o sábado 23 de xullo en Compostela para continuar a traballar na organización da Marea Constituínte.

A comisión xestora está formada polos alcaldes de Compostela, Martiño Noriega; A Coruña, Xulio Ferreiro; e Ferrol, Jorge Suárez, por representantes dos partidos políticos do espazo de En Marea e tamén das Mareas en Común, entre outros axentes do cambio. O obxectivo desta comisión é preparar o encontro de Vigo, unha vez conseguido autodisolverase.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s