Ferrol en Común adhírese ao Manifesto dos Alcaldes e apoia a #MareaConstituínte

result22 xullo 2016- Nunha xuntanza que tivo lugar na tarde de onte na Sociedade Deportiva e Recretativa de Canido, FeC apoiou a adhesión ao Manifesto dos Alcaldes. O dito manifesto presentado en Ferrol o pasado 5 de xullo que supuxo a convocatoria da #MareaConstituinte.

Durante esta Coordinadora Aberta a todos/as os/as inscritos/as en FeC, deuse conta desta convocatoria de encontro para o vindeiro día 30 de xullo en Vigo, no que se comezará a dar os primeiros pasos para dar forma á candidatura da confluencia que se presentará ás próximas eleccións autonómicas galegas. Desta #MareaConstituinte sairá o deseño dun regulamento, dunha cronoloxía de primarias e uns principios políticos que definan este espazo do cambio, así como poñer as bases dun programa político de cara ao vindeiro proceso electoral autonómico.

Do mesmo xeito durante a xuntanza de onte, decidiuse tal e como aparece recollido no manifesto dos alcaldes que a representación será a título individual. É unha convocatoria aberta a todo a cidadanía, para dar voz a xente do común. Calquera persoa interesada en participar na #MareaConstituinte podera facelo a través da páxina web http://mareaconstituinte.gal/ unha vez asine o manifesto dos alcaldes. #MareaConstituinte #Confluencia #EuVou30X #AsinaCosAlcaldes

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s