Así será a #Marea Constituínte

photo_2016-07-29_18-59-57

Celebrarase mañá, sábado 30 de xullo, no auditorio Mar de Vigo. Comezará ás 10.30 horas, e o remate está previsto para ás 19,30.

A Marea Constituínte, un acto que servirá para impulsar unha iniciativa política que represente a vontade de mudanza nas próximas eleccións galegas, celebrarase mañá no auditorio do Mar de Vigo. Na xornada, presentaranse textos de consenso para os Principios básicos, o modelo de Primarias, o Código Ético dos cargos electos, a Forma de Goberno que se aplicará nas institucións e a Organización Interna do espazo de confluencia. Estes documentos xa están dispoñibles para a súa consulta.

Tamén se elixirá á Xunta Electoral que supervisará o proceso de Primarias. Estará formada por 11 persoas, cos coñecementos técnico-políticos axeitados, e con criterios de paridade e equilibrio territorial.

Terá a seguinte orde do día:

  • 9:30 – 10:30. Recepción e acreditación de asistentes
  • 10:30. Benvida
  • 10: 45 Rendición de contas da mesa xestora .
  • 11:00. Documento de Código Ético.
  • 11:00. Documento de Primarias.
  • 12:30. Descanso.
  • 12:35  Inicio do prazo de presentación candidaturas á Xunta Electoral (25 min.)
  • 13:00. Documento de Forma de goberno.
  • 13:45. Inicio da elección elección da Xunta Electoral (3 hs.)
  • 14:00. Xantar.
  • 16:30. Documento de Organización interna.
  • 17:15. Documento de Principios básicos.
  • 18:00. Anuncio dos resultados da elección da Xunta Electoral. Descanso.
  • 18:30. Clausura.
  • 19.30. Remate do acto.

Informamos, tamén, de que haberá un servizo de zona infantil, dispoñible gratuitamente para o coidado das crianzas durante a xornada. O auditorio está adaptado para as persoas con mobilidade reducida.

Finalmente, lembramos que o único requirimento para participar nesta Marea Constituínte e contribuír a que agrome a mudanza política en Galicia é asinar o manifesto dos tres alcaldes.

Portada

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s