Luís Villares: “Feijóo privatizou para as empresas amigas. Nós recuperaremos os servizos públicos”

MOA7460-720x382

O candidato á presidencia da Xunta lembrou que “o 90 por cento dos casos de corrupción en Galicia están relacionados coa privatización de servizos públicos”

A cabeza de lista por Pontevedra, Carmen Santos, asegurou que a única alternativa para que Galicia teña futuro pasa “por acabar co lastre que supón Núñez Feijóo para a nosa economía, a creación de emprego e a nosa modernización”

En Marea reclamou o rescate para á cidadanía dos servizos públicos de carácter esencial, sobre todo da Sanidade, e a fin das privatizacións de Núñez Feijóo que “con tanta intensidade estanse a padecer en Vigo e provincia de Pontevedra”. “Feijóo non sabía xestionar e por iso tivo que privatizar, por non saber, pero nós temos homes e mulleres competentes, rebeldes competentes, capaces de facelo ben. Temos as listas preparadas para gobernar, para lograr o cambio transformador fronte a un Feijóo que desfixo os servizos públicos e deixando á xente polo camiño e sen oportunidades” explicou o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, na presentación da candidatura de En Marea pola provincia de Pontevedra que tivo lugar na explanada da estación marítima de Vigo.

“Nós, En Marea, vimos a ofrecer alternativas, a denunciar a  deixación de funcións por parte de Feijóo. Vimos a comprometernos con toda á cidadanía de Vigo e da provincia de Pontevedra en clave positiva, de solidariedade a nivel de país e en clave de democracia participativa e de xustiza social” afirmou Villares.

“Nós non privatizaremos para beneficiar ás empresas amigas, para que saquen rendemento dos servizos que son de todas. Feijóo, coas súas políticas, encheu os xulgados de corrupción. O 90% dos casos de corrupción en Galicia están relacionados coa privatización de servizos públicos. En Marea rescataremos á Sanidade para o público e con iso tamén reduciremos os casos de corrupción que hasta este momento embazaron á actividade xudicial en Galicia” concluíu o candidato á presidencia da Xunta de Galicia por En Marea.

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, salientou o compromiso da candidatura na defensa dos “sectores, esas empresas, eses traballadores, eses funcionarios que crean país e crean benestar”.  Así mesmo sinalou que o seu “obxectivo principal é demostrar que “ese personaxe ficticio de bo xestor, de seriedade que traballou tanto por Galicia é absolutamente falso”. “Núñez Feijóo é un lastre para o noso país, para a nosa economía, para a creación de emprego, para a nosa modernización e para o noso progreso”.

“Non queremos só botalo, senón convencer de que é a única garantía para que Galicia poda progresar e que a súa xente non teña que emigrar. Esta grande marea vai poñer enriba da mesa alternativas reais e que pensará e traballará para o 99 por cento. Unha candidatura de proximidade que levamos anos falando coa xente na rúa” rematou cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos.

En Pontevedra,  reivindicando outra forma de gobernar

Os candidatos e candidatas de En Marea trasladáronse posteriormente a praza da Leña de Pontevedra onde Xoan Hermida foi o encargado de presentar a candidatura. Sinalou que as raíces de En Marea “que veñen do galeguismo daqueles fundadores da patria que creron neste proxecto común, pero tamén no republicanismo cívico de xustiza social que representou moita xente de Pontevedra”. Unhas raíces que dan base a un proxecto que xa se está a exercer na Coruña, Ferrol ou Santiago, “e que demostra que outra forma de gobernar é posible”.

Marcos Cal, número 2 por Pontevedra pola súa banda lembrou que En Marea é a expresión dunha vontade da cidadanía que veu nacendo desde hai anos. “Primeiro imaxinamos o mundo que queremos e despois o facemos” afirmou, lembrando que este momento non se podería dar sen moitas loitas previas de moita xente. O número 2 por Pontevedra rematou a súa intervención asegurando que En Marea “somos unha alternativa para representarnos a nós mesmas, construída entre todas, de igual a igual. E por iso o futuro de En Marea, porque compartimos análise, sabemos o que hai que mudar, somos maioría social e porque todas e todos somos un. Hai Marea!”

A número 3 da candidatura por Pontevedra, Eva Solla, denunciou a incompetencia do goberno do Partido Popular “que en oito anos non foi quen de dar resposta as necesidades dun pobo limitouse á privatizar para os amigos e amigas”. Na súa intervención desmentiu tamén a falsa mensaxe enviada por Núñez Feijóo como bo xestor. “Os que nos venden que realizaron unha xestión correcta foron precisamente os que levaron a cabo o espolio do público e endebedou ao noso país. Feijóo situou a nosa débeda por enriba dos 10.400 millóns, non para manter a sanidade pública ou ampliar o hospital de Montecelo senón para pagar máis débeda pública. Estamos aquí para mudar iso” afirmou a número 3 de En Marea por Pontevedra, Eva Solla.

mareaconstituinte.gal

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s