A visión de Vari Caramés sobre As Meninas inaugura o novo espazo expositivo do Torrente Ballester, adicado exclusivamente á obra fotográfica

LIBRO vARI 2O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, parabenízase de que este vello proxecto, que vén de 2008, por fin sexa unha realidade e asegura que vai ser referencial porque apenas existe nada parecido en todo o Estado

A exposición abre a 7º edición das Meninas de Canido e amosa o traballo realizado na edición do pasado ano polo fotógrafo ferrolano

Ferrol, 1 Setembro.- O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, anunciou hoxe a re-inauguración da Sala Proxectos do centro Torrente Ballester, como sala destinada unicamente á obra fotográfica, un vello proxecto que vén xa de 2008 e que a partir de mañá Venres se vai facer realidade cunha exposición de Vari Caramés.

Non se me ocorre mellor forma de arrancar este proxecto que coa exposición do que, sen dúbida, é un dos fotógrafos máis recoñocidos do país e do estado, que había tempo que non estaba entre nós, sendo un dos mellores embaixadores tamén de Ferrol, a súa terra natal”, afirmou Basterrechea.

Espazo referencial

A sala pretende ser un referente expositivo fotográfico a nivel estatal, tanto de obra nacional como internacional, así como unha plataforma para dar visibilidade ao potencial que hai na cidade desta arte.

O edil de Cultura lembrou que se trata dun proxecto que xurdiu no 2008, cando el era coordinador do Torrente e viu na sala de Proxectos, pola súa fermosura arquitectónica e polas súas características, un espazo singular para a exposición só de obra fotográfica. Naquel momento o proxecto non fructificou e agora se retoma convencidos, dende a concellería, de que vai ser referente porque non existen moitas propostas parecidas en todo o país.

Para Basterrechea, a elección de Caramés para inaugurar esta nova etapa do Torrente cumpre non só coa condición de ser un fotógrafo dos máis prestixiosos, senón tamén co feito de que trae como obra “As Meninas de Vari”.

Meninas de Canido

Deste xeito, explicou, a exposición marcará o pistoletazo de saída da fin de semana das Meninas, que chega á súa 7º edición como un evento xa “perfectamente instalado no imaxinario colectivo”, como exemplo de arte para reivindicar e dignificar o barrio de Canido.

Dada a trascendencia e singularidade que ten acadado este evento, que xa é toda unha festa na que se misturan distintas disciplinas (a artística, a musical, etc) e na que xa teñen posto o ollo outros concellos como o de Madrid, o pasado ano decidiuse plasmar o traballo nun libro e nunha exposición. Vari Caramés foi a persoa elexida para facelo e o froito de todo o material que recolleu en 2015 é o que se poderá ver dende mañá e ata o 13 de Novembro no Torrente.

Para min é un regalo, un soño que este proxecto que naceu en 2008, esta guerra de guerrillas, este espíritu libertario e internacionalista que son as Meninas sexa recollido por Vari Caramés”, afirmou Eduardo Hermida, promotor da iniciativa dende o seu comezo.

As Meninas, primeiro selfie da historia

Pola súa parte, o fotógrafo ferrolano manifestouse un pouco nos mesmos termos, como “un soño feito realidade”. Por unha banda, porque a sala do Torrente por fin vai ser unha sala só para fotografía e, por outra, “por poder aportar o meu grao de area emocional e sentido ao que representan as Meninas de Canido”.

Caramés explicou que foi un traballo moi cómodo, o da exposición, porque estivo cheo de emocións, polos recordos persoais de ter vivido na zona, e polo enigmático do cadro de Velázquez, os múltiples matices que agocha, “de feito estou convencido de que Velázquez fixo o primeiro selfie da historia no ano 1656”, ironizou.

Feminismo

O artista quixo chamar a atención tamén na compoñente feminista que alberga o traballo, a cantidade de artistas mulleres que participan no mesmo, con gran calidade e que, sen embargo, carecen de visibilidade. A exposición quere facer tamén un guiño, unha pequena homenaxe a este colectivo, concluiu.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s