O Jazz latino de Wilson&Friends inaugura o II ciclo ‘A Feira dos xoves’, NO CTB

Concertos de gran calidade a baixo prezo para todos os petos nun espazo único para as noites dos xoves nunha cidade culturalmente efervescente

_foto-wilson-6

O jazz latino de Wilson&friends, e a súa deliciosa e sorprendente fusión co flamenco, a música clásica e mesmo a música galega, abre este xoves a segunda edición do ciclo ‘A Feira dos Xoves’, da Concellería de Cultura, pensado para un espazo único como a capela do centro cultural Torrente Ballester.

Será o xoves 2 as 21:00 horas. Este é o primeiro concerto do ciclo “A Feira do Xoves”, dun ciclo con moito éxito e boísima acollida na pasada tempada que repite e ambiciona mais e mellor. A filosofía e o segredo pasa por programar concertos variados no estilo e no público, sempre cunha calidade exquisita e a prezos para todos os petos, subliñaba o concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea.

Dous días antes, xa venderon mais da metade das entradas, que se poden adquirir na web de ataquilla.com, na billeteira do Jofre o na porta do CTB o mesmo día da actuación, coa apertura de portas as 20:30 horas.

WILSON&FRIENDS

WILSON & FRIENDS é a banda que lidera o recoñecido trompetista cubano Wilson Ortega, na compaña dos músicos Sergio Delgado (piano); Vicente Aribú (guitarra e baixo); Christian Delgado (drums&percusión) e a magnífica voz da cantante Angeles Dorrio. Tamén cantará algún tema a artista cubana Raquel Cap

ote alma mater do grupo Son al Son.

Presentarán o espectáculo “ A night in Havana”, un guiño a grandes músicos como Paquito Rivera, Chucho e Bebo Valdés ou Arturo Sandoval, entre outros….Jazz latino, afro-cubano e galego nunha fusión perfecta.

A NIGHT IN HAVANA é un tributo ao legado dos Mestres do Jazz Afrocubano. Rende homenaxe a unha época, ao seu son e a un xeito de entender e concebir a música pero cunha perspectiva actual, desde o noso tempo. O proxecto e unha mestura de ritmos afrocubanos irmandados coas novas tendencias do New Latin Jazz, onde se perciben os acentos e o arraigo do líder da banda a Galicia, na que leva vivindo 20 anos.

Wilson Orteg

a está considerado uns dos trompetistas cubanos máis versátiles de Europa, desenvólvese tanto na interpretación da música clásica como no máis profundo jazz latino. Instrumentista de sesión, preséntase ademáis como solista dirixindo o seu propio poxecto desde o ano 2000.

Recibiu clases dos máis prestixiosos trompetistas tanto no ámbito clásico como no Jazz. Algúns de eles son: Maurice André, Jose María Ortiz, André Mico, Rex Richardson, Walter White, Luis Aquino, John Miller, Pierre Dutot, Mathew Simon e Arturo Sandoval. Participou en diferentes Festivais de Jazz co seu proxecto personal e como integrante de outros tales como o Festival “Jazz Praza” da Habana, “Burgojazz” e o “ Festival

Jazzatlántica”…

Colaborou con figuras do ámbito galego e nacional como Cristina Pato, Rosa Cedrón, Rosa López, Manu Carrasco, David Civera ou Melendi, así como cos músicos de Berrogueto e Luar Na Lubre. No ámbito internacional do jazz, ven de compartir escenario e colaboracións con músicos da talla de Paquito de Rivera, Rex Richardson, George Coleman, Sandeep Das, Josep Vincet, Omar Sosa, Jorge Pardo ou Walter White .

Ten, na súa traxectoria, máis de dez grabacións editadas onde colaborou non só como instrumentista senón tamén como arreglista. No campo da docencia exerceu como profesor de trompeta e música de cámara nos Conservatorios da Coruña, Santiago de Compostela e Culleredo e impartido numerosos cursos especializados por toda a xeografía galega, e recentemente na Habana, Cuba.

Na actualidade é profesor de Música do Centro Plurilingüe LICEO LA PAZ e Profesor de Trompeta e Director da Banda de Música no Conservatorio Profesional do mesmo nome.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s