O goberno actúa no acondicionamento do firme no Sánchez Aguilera como zona libre de aparcadoiro

A concellería de Obras iniciou hoxe a intervención para reparar un firme moi castigado polo uso

Defensa tafoto-sardou dous meses en responder a solicitude de intervención remitida en novembro polos técnicos de Obras

Péchase o acceso pola avenida do Rei pero pódese acceder a parcela polo camiño da Estación

Ferrol, 1 de febreiro.- A Concellería de Obras informa de que hoxe iniciáronse, novamente, traballos de rebacheo no firme no antigo cuartel do Exército de Terra, Sánchez Aguilera, -antiga pista americana- que funciona como un estacionamento público a escasos metros do centro da cidade.

Os traballos, que vai acometer a empresa Misturas, concéntranse no tramo mais afectado polas fochancas, uns 900 metros cadrados, no acceso pola Avenida do Rei. Segundo expuxo a concelleira de Obras, Vivenda e Rehabilitación, Esther Leira, o custe dos mesmos será de 7.237,93 con IVE incluído.

A intervención neste espazo é unha das prioridades do Executivo local a fin de proporcionar aos veciños, un estacionamento libre e alternativo que favoreza o acceso a pé ao centro da cidade.

Leira manifestou que solicitara o, o permiso para esta intervención o 22 de novembro do 2016, por escrito -achegando informe- e con carácter urxente, ao Ministerio de Defensa para actuar na parcela, que aínda non é de propiedade municipal. A resposta do Goberno central chegou ao Concello de Ferrol o pasado 22 de xaneiro, asinado polo director xeral técnico de enaxenación de Defensa, Alfonso Romero Carretero.

Obras xa actuou neste espazo en marzo do pasado ano ao tratarse dunha área moi castigada polo uso no que a continua entrada e saída de vehículos, unido a climatoloxía, propicia o seu desgaste e deterioro e as deformacións dun firme de zahorra compacta. Outra intervención na parcela, que iniciaba este luns a empresa Prosema Nororeste, pasa por eliminar a cuberta da nave que linda coa vía pública para evitar riscos aos peóns.

Doutra banda, desde a Policía Local vense de ampliar a zona de estacionamento libre nesta área sumando 30 prazas mais. Son froito da retirada dos vehículos en depósito que se estacionaban na explanada exterior e que foron trasladados a zona interior do acuartelamento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s