Arranca este mes o ciclo de “CINECONCERTOS” no Teatro Jofre

suso

 

 

É unha proposta novidosa e singular en tres actuacións que combina cine clásico en B/N con música en directo feita a medida da película por intérpretes tan reputados como Jordi Sabatés

Ferrol, 3 febreiro.- O Teatro Jofre será o escenario que no que porá en práctica este mes de febreiro a última e novidosa proposta cultura da Concellería de Cultura de Ferrol, que conxuga cine e música no I ciclo de Cineconcertos.

Serán tres actuacións que combinan a proxección dun gran clásico do cine en branco e negro coa música en directo feita a medida da película da mans de grandes e reputados xenios na escena estatal e mesmo internacional como Pegasus ou Jordi Sabatés para acompañar marabillas escénicas como The Kid o Sherlock Jr, de Buster Keaton.

Así o expoñía este mediodía en rolda de prensa o concelleiro de Cultura, Educación e Festas do Goberno de Ferrol, Suso Basterrechea, moi satisfeito cunha proposta para a que agarda, a mesma boa resposta de público que está a ter a vida cultural de Ferrol desde xuño do 2015.

I CICLO DE CINECONCERTOS

11 DE FEBREIRO 21:00

BERLÍN, SINFONÍA DUNHA GRAN CIDADE. De Walter Ruttman, 1927.

MÚSICA: PEGASUS

11 DE MARZO 21:00

SHERLOCK JR., de Buster Keaton, 1924.

JORDI SABATÉS (piano)

28 DE ABRIL 21:00

THE KID, de Charles Chaplin.

Caspervek Trio

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s