O Goberno local impulsa a formación dos praceiros dos Mercados municipais

mercados-de-ferrol2

A entrega de diplomas será o sábado 4 as 11:00 no mercado da Magdalena coa presenza do concelleiro de Mercados

Ferrol, 3 febreiro.- O Goberno de Ferrol ven de rematar, no mes de xaneiro, unha formación específica destinada aos praceiros dos mercados municipais destinada a aumentar as súas vendas e captar novos clientes.

A esta iniciativa, impulsada desde a Concellería de Mercados que leva Luis Victoria, foron convidados preto de 100 praceiros dos tres mercados municipais da cidade: Recimil, Caranza e A Magdalena. Impartiuse nas aulas da UNED tres sábados do mes de xaneiro e foi de balde para os asistentes.

O programa formativo, que combina teoría e exercicios prácticos, trata: o mentoring comercial, o visual merchandising, a atención ao cliente, o uso das canles de comunicación e a creación de campañas e promocións. A finalidade é dotar aos praceiros de técnicas de marketing e comunicación que lles axuden a aumentar as vendas, a dinamizar os mercados e conseguir novos clientes.

A sesión final terá lugar este sábado, 4 de febreiro, en cada posto participante coa participación do conselleiro de Mercados, Sanidade e Consumo, Luis Victoria Gallego, para clausurar a formación e entregar os diplomas. Ao remate, contra as 11:00 horas, realizarase a entrega dos premios aos mellores na colocación de produto, mellor comunicación e mellor promoción. Será no mercado central da Magdalena.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s