O Goberno local creará unha Rede de oficinas para impulsar o emprendemento nos locais de Portanova

jorge

O alcalde, Jorge Suárez, avanzou hoxe que está practicamente rematado o borrador para a adxudicación de 20 locais en Portanova a entidades sen ánimo de lucro rexistradas da cidade

Haberá un espazo específico de impulso ao emprendemento (coworking) na derradeira planta acompasado dunha orde de subvencións co seu reflexo nos orzamento do 2017

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe modificar a composición do xurado para reactivar o concurso de proxectos da praza de Armas

Ferrol, 6 febreiro.- O Goberno local de Ferrol xa ten practicamente rematado un primeiro borrador para a adxudicación dos espazos de Portanova, coa vontade de revitalizar o centro e o aparcadoiro dos baixos. Son, anunciou hoxe o alcalde, Jorge Suárez, en torno a 20 locais que se destinarán a entidades sen ánimo de lucro rexistradas na cidade que así o soliciten e que vai acompañado da reserva dun espazo específico na segunda planta para localizar un conxunto de oficinas destinadas a crear un entorno de traballo (coworking) para impulsar o emprego e o emprendemento na cidade.

Servirá para dar uno a un conxunto de locais en estado de completo abandono que se adxudicarán a través dunha comisión de baremación da que formarán parte un membro designado de cada grupo co obxectivo de revitalizar o propio centro e o seu aparcadoiro, e dinamizar comercialmente a toda a zona”, manifestou Suárez en rolda de prensa.

Esta proposta é compatible e complementaria, subliñou Suárez, dun dos proxectos para este ano 2017 e que xa aparece, así reflectido, nos borrador dos orzamentos 2017 entregado o pasado venres 3 ao resto dos grupos no que se reserva unha partida de 300.000 euros para crear na derradeira planta de Portanova un conxunto de oficinas para o emprendemento e o emprego ligado as novas tecnoloxías. “Irá acompañado dunha orde de subvencións xa en redacción por parte dos técnicos en aras da máxima transparencia”, apuntou o rexedor.

XUNTA DE GOBERNO LOCAL 06.02.2017

O Goberno de Ferrol ven de aprobar esta mañá en Xunta de Goberno Local (XGL) a modificación da composición do xurado para reactivar concurso de anteproxectos para a remodelación da Praza de Armas, logo da saída da corporación do concelleiro do PP, Guillermo Evia, que será substituído por Maica García Fraga.

Na XGL tamén foi validada unha relación de sete facturas por importe de 14.064,29 euros, por distintos conceptos e servizos prestados nas áreas de Cultura, Benestar Sociial, Urbanismo e Organización Interna.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s