Miguel Lamas Quartet este xoves no Teatro Jofre #ViveCultura

miguel-lamas-1

O concerto do cuarteto será este xoves 9 as 21:00 horas coas entradas a prezo único: 5 euros

É unha das apostas mais fortes que fixo a Concellería de Cultura neste semestre por darlle espazo e poñer en valor a música propia e de calidade

Ferrol, 7 febreiro.- Miguel Lamas Quartet, a fusión de jazz, funk e rock made in Ferrol, vai camiño de encher o teatro Jofre este xoves 9 as 21:00 no recital que vai ofrecer e que promete ser todo un espectáculo enérxico na presentación oficial en Galicia do seu traballo ‘Melted Lives’, o seu primeiro álbum en solitario e que foi grabado entre Galicia, Sevilla, Nova Iorque e Madrid con músicos como Jorge Vistel, Pepe Bao ou Tom Kennedy.

As entradas, dispoñibles na billeteira do Teatro Jofre e na taquilla.com a prezos moi reducidos: 5 euros.

Un pouco da historia do cuarteto..

O cuarteto fórmase en Coruña, no ano 2009. Sempre estivo formado por Iago Mouriño aos teclados, Octavio Vargas ao baixo, Pablo Añón ao saxo e Miguel Lamas á batería. Sendo todos músicos profesionais, coñécense traballando para distintos proxectos e deciden xuntarse para tocar a música da que cada un aprendeu, por esta razón conséguese unha interesante fusión entre o jazz máis clásico, o puro funk dos 70, o rock psicodélico e mesmo certos toques que poderían catalogarse dentro de calquera banda sonora de película de aventuras.

Cun repertorio baseado en composicións propias de Iago Mouriño, á que cada membro achega o seu granito musical, e no que ademais goberna a improvisación e o virtuosismo, percorreron toda a península, sempre cultivando un gran éxito entre a audiencia, que non dubida en repetir a experiencia.

En varios concerto súmanse ao proxecto outros compañeiros como Santi e Nando Rodriguez ao saxo e trompeta respectivamente, ou Diego Rodriguez co trombón, creando unha potente sección de ventos. Tamén participa a extraordinaria cantante Olaya Alcázar.

Tras un alto no camiño para seguir traballando cada un nos seus proxectos individuais, e despois do cambio de residencia de Miguel Lamas a Madrid, no verán de 2016 deciden axuntar todas as súas forzas para terminar a gravación do seu primeiro disco ‘Melted Lives’, no cal se inclúen 10 cancións que se poderían encarrilar dentro do xénero jazz-fusión, ao que habería que engadir elementos do flamenco, funk, rock… mesmo pasaxes que encaixan á perfección na banda sonora de calquera película de aventuras.

Dentro do elenco de músicos atopamos colaboracións internacionais como o baixista americano Tom Kennedy (habitual nas filas de Mike Stern ou Dave Weckl Band), un dúo co batería húngaro Gergo Borlai, composto polo cubano Sergio Delgado, ou a trompeta de Jorge Vistel. Dentro dos músicos nacionais participan Pepe Bao e Andreas Lutz (compañeiros en Ou’Funk’Illo) Aarón Pozón, Jorge Pérez de Patax, Olaya Alcázar, Cristo Fontecilla, Carlos Leal ou Álvaro Gandulo, así como os galegos Pablo Añón, Octavio Vargas ou Iago Mouriño, responsable de gran parte das composicións do álbum. O disco foi gravado entre Madrid, Nova York e Galicia polos enxeñeiros Caco Refojo, Sergio Peiró, Tomás Ageitos e Alejandro Rey.

MIGUEL LAMAS Quartet

FORMACIÓN;

Miguel Lamas: Batería

Iago Mouriño: Piano

Pablo Añón: Saxo

Octavio Vargas: Bajo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s