O Goberno Local devolverá o importe cobrado indebidamente por EMAFESA polo saneamento que non fixo

O alcalde, Jorge Suárez, estima que o importe cobrado aos veciños de xeito indebido ascende a 800.000 euros

O Concellofoto-j aposta por reintegrar o importe ou descontalo na seguinte factura

A comisión extraordinaria de Facenda abordou hoxe a derogación da taxa de saneamento e aprobación dunha nova, axustada aos custos reais e idéntica a que abonarán os veciños de Narón pola depuración da marxe norte da ría

Ferrol, 8 de febreiro.- O Goberno de Ferrol levou a primeira hora desta mañá, a Comisión Extraordinaria e Urxente de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos, a aprobación provisional da derogación da taxa de saneamento -pola depuración das augas residuais BOP 3-09-2014- que lle fora cobrada indebidamente aos veciños do municipio por un feito que non se estaba a producir, xa que as augas pasaban pola EDAR sen tratamento algún e verquíanse directamente ao mar.

O importe aproximado que o Concello recadara por esta taxa desde a súa implantación ata que foi suspendida polo actual Executivo nun pleno celebrado en 18 setembro do 2015 ascende, aproximadamente, 800.000 euros, que lle serán reintegrados aos veciños, ben coa devolución directa -a vía preferente se é posible- ou ben, a través da condonación (o desconto) en facturas posteriores.

Así o manifestaba esta mañá o alcalde de Ferrol e concelleiro de Economía, Jorge Suárez, que reiterou que a prioridade do Goberno local pasa por activar o saneamento real das augas da ría de Ferrol o 1 de abril, tal e como se acordou na última xuntanza celebrada o pasado 13 de xaneiro en Compostela con Augas de Galicia e o Concello de Narón.

A derogación da taxa de saneamento faise en base a non prestación dese servizo e implica a devolución dos recibos pasados ao cobro, que ascende a 800.000 euros. A nosa preferencia é a devolución directa, unha vez certificada a contía, ou a condonación, senón fose posible”.

Na mesma comisión, foi aprobada de xeito provisional unha nova taxa pola depuración real, estimada en torno aos 6/8 euros mensuais por un consumo medio de 8 a 10 metros cúbicos por familia e domicilio, que grava unicamente os custos derivados da estrita prestación do servizo e aberta a rectificacións e corrección a baixa cando se produza a adxudicación dos interceptores de Acuaes.

A taxa será nas mesmas e exactas condicións que as do veciño concello de Narón”, subliñaba Suárez, “e que ven a ser mais ou menos, a metade do que se está a pagar na outra marxe da nosa ría”.

O primeiro edil recordaba hoxe que a parte privada de Emafesa, que ostenta Socamex-Urbaser (49%), comprometerase no derradeiro Consello de Administración celebrado en setembro a remitir as facturas detalladas correspondentes as anualidades 2014, 2015, 2016. As facturas tiveron entrada no Rexistro do Concello o pasado venres 3 e serán revisadas polo miúdo pola Intervención municipal a fin de reclamar o que corresponda a outras Administracións.

Temos clara a nosa prioridade no saneamento porque é unha demanda histórica e unha débeda. A partir de aí, comezaremos as reclamacións que procedan das cantidades que consideramos que o Concello non tiña que abonar polas obras da depuradora”, expuxo Suárez. “Hai informes ben claros da Universidade da Coruña que explican que a depuración podíase facer co caudal que entraba e que non se fixo porque non o quixo a xerencia da empresa”, rematou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s