O Goberno local completou 124 intervencións de rehabilitación nos barrios ARI no 2016

Acometéronse nos barrios de Magdalena-Ferrol Vello (112), Esteiro Vello (10) e A Graña (2)

Foron tramagdalenamitadas desde a concellería de Obras, Vivenda e Rehabilitación dentro da convocatoria 2016 do Plan Estatal de Vivendas 2013-2016, que ven de ser prorrogado un ano mais nas condicións vixentes

Ferrol, 13 febreiro.- O Goberno local de Ferrol completou 124 intervencións de rehabilitación nos barrios declarados ARI (Area Rehabilitación Integral) na convocatoria do 2016 do Plan Estatal de Vivenda 2013-2016.

Foron en A Magdalena-Ferrol Vello, Esteiro Vello e no barrio de A Graña, resume a concelleira de Obras, Vivenda e Rehabilitación, Esther Leira. Lembra que a declaración do ARI de Recimil, o cuarto barrio da cidade que obtén esta cualificación urbanística, é posterior e foi acadada recentemente e notificada ao Concello a comezos do mes de xaneiro. É o trámite imprescindible que abre a porta a obtención de axudas e fondos públicos para acometer a reparación do segundo parque de vivenda pública mais grande do Estado e que é propiedade do Concello de Ferrol.

As intervencións de rehabilitación acometéronse en virtude do convenio asinado entre o IGVS, o Ministerio de Fomento e o Concello de Ferrol o 27 de outubro de 2015. As solicitudes foron tramitadas desde a Concellería de Vivenda e Rehabilitación para todos os solicitantes que cumpriron cos trámites administrativos que se requirían e que as obras antes do 30 de novembro, que era o requisito esixido polo IGVS (Instituto Galego da Vivenda e o Solo).

As intervencións realizadas e rematadas antes desa data límite foron as seguintes:

  1. ARI Magdalena- Ferrol Vello: 112 intervencións, que representa unha contía de 391.156,67 euros.

  2. ARI da Graña: 2 intervencións, por un importe de subvención de 11.755,46 euros.

  3. ARI de Esteiro Vello: 10 intervencións, por 16.816,20.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s