O Goberno local reforzará a seguridade nos barrios de San Pablo e San Xoán con patrullas de proximidade

f19c8f2O reforzo faise efectivo desde o martes 14 coa presenza de policías municipais a pé e con patrullas motorizadas

A Xunta Local de Seguridade está convocada para o venres 17 no Pazo Municipal

O Goberno pedirá mais implicación da Subdelegación do Goberno na investigación dos delictos e unah xuntanza co IGVS

Ferrol, 13 febreiro.- O Goberno local mantivo, hoxe a tarde, tal e como estaba comprometida, unha xuntanza coa representación veciñal de San Pablo e San Xoán para abordar, de xeito específico, a inquedanza da veciñanza cos recentes roubos perpetrados en ambos barrios nas derradeiras semanas.

A reunión, na que estivo o concelleiro de Seguridade, Tráfico e Participación, Àlvaro Montes, tivo lugar nas dependencias da Policía Local de San Xoán cos mandos do corpo e os representantes dos veciños: cinco pola parte da autodenominada Xestora Veciñal Permanente de San Pablo de Catabois, que é o interlocutor na veciñanza, e tres pola AVV de San Xoán.

Na mesma, informouse aos veciños do reforzo na presencia dos axentes municipais nos dous barrios, coas patrullas da policía de proximidade -a pé e cos vehículos- que se fará efectiva desde a mañá do martes 14, logo de facer os axustes pertinentes nas quendas de traballo do corpo policial.

A maiores, o concelleiro confirmou a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para este venres 17 no Pazo Municipal de Ferrol. Na mesma, o Goberno reclamará da Subdelegación do Goberno en Galicia, maior implicación e medios co obxecto de identificar e deter aos autores o antes posible pola tranquilidade e convencia colectiva.

Por último, o Concello comprometouse coa veciñanza a solicitar unha reunión co Instituto Galego da Vivenda e o Solo, no caso concreto de San Pablo, a fin de analizar a situación das vivendas e o seu proceso de regularización, ademais de traballar, de xeito coordinado cos recursos de axuda e emerxencia social das distintas Administracións.

NOTA: Con respecto as diferencias de interpretación xurdidos no uso das dependencias do Centro Cívico de San Pablo entre concesionarios e usuarios puntualizar que, de acordo aos pliego do Concello de Ferrol, a limpeza deriva dos usos puntuais dos espazos comúns correspóndelle a entidade autorizada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s