#Orzamentos 2017 O Goberno de Ferrol recuperará Portanova como espazo de emprendemento e dinamización social

portanova-1Hoxe foi entregado na Comisión ordinaria de Economía e Facenda o borrador das bases para a asignación de locais no primeiro e segundo andar de Portanova como sedes das entidades sen ánimo de lucro

Haberá un espazo específico na derradeira planta (coworking) para impulsar novas ideas de negocio ligados as novas tecnoloxías acompasado dunha partida de 300.000 euros nas contas do 2017

O alcalde apelou a responsabilidade dos grupos para chegar a un acordo na aprobación da necesaria taxa de saneamento e no POS 2017

Ferrol, 14 febreiro.- O Goberno de Ferrol fixo hoxe entrega do borrador das bases para a asignación dos espazos dispoñibles no antigo centro comercial Portanova a entidades sen ánimo de lucro -legalmente constituídas e rexistradas na cidade- para darlle un novo pulo a este inmoble, e ao seu aparcadoiro soterrado no corazón do barrio do Inferniño, como espazo para o fomento do emprego, do emprendemento e da creatividade.

O documento, que consta de 5 páxinas na que se recolle o procedemento, réxime xurídico, requisitos e obrigas das entidades solicitantes, así como a fórmula de baremación que empregará a comisión, os prazos das solicitudes e documentación precisa. Foi entregado hoxe ao restos dos grupos na Comisión ordinaria de Economía e Facenda que preside o alcalde, Jorge Suárez, para que o estuden e fagan as súas achegas nos vindeiros días.

Servirá para dar uno a un conxunto de locais en estado de completo abandono que se adxudicarán a través dunha comisión de baremación da que formarán parte un membro designado de cada grupo co obxectivo de revitalizar o propio centro e o seu aparcadoiro, e dinamizar comercialmente a toda a zona”, manifestou Suárez.

Son 10 oficinas e 4 espazos comúns co obxecto de que todas as entidades da cidade teñan espazos de dinamización, por concorrencia, en igualdade de condicións. Entre as entidades que xa teñen manifestado o seu interese, a Asociación de Persoas Xordas, os amigos do ferrocarril ou mesmo as rondallas.

Esta proposta é compatible e complementaria, subliñou Suárez, co impulso ao emprego e o emprendemento ligado as novas tecnoloxías cunha liña de axudas e subvencións que ten o seu reflexo no borrador dos orzamentos 2017, no que figura unha partida de 300.000 euros para crear na derradeira planta de Portanova un conxunto de oficinas -coworking- emprego ligado as novas tecnoloxías.

As bases do documento especifican que as obras e gastos correntes e de mantemento, agás a luz e a auga, correspóndelles aos cesionarios, así como a responsabilidades no caso de danos e deterioro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s